Iniciar sesión: Acceso

FORMACION RADIO NA BIBLIO CON CHARO PITA

OBRADOIRO RADIO NA BIBLIO CON CHARO PITA.

Disfrutamos e aprendemos un montón con Charo Pita

O pasado venres, 22 de xaneiro disfrutamos dunha xornada de formación con Charo Pita traballando sobre teatro lido.

Charo Pita, é unha prestixiosa galega creadora de contos, narradora, contadora e tamén investigadora...

A nós que nos encanta facer teatro, ler contos… e nos parecía que o faciamos ben…de repente descubrimos canto nos quedaba por aprender! Comezando por descubrirnos a nós mesmos para despois saber transmitir aos demáis, e todo isto dun xeito moi divertido!

 O obradoiro no que participamos era sobre teatro lido: pero para ler e contar primeiro puxémos a punto con Charo Pita e iso pasou por presentarnos en primeiro lugar e desinhibirnos e preparar todo o corpo seguindo as súas  instruccións para contar, porque a nosa voz é un instrumento máxico para comunicar pero con todo o corpo do que forma parte!

Xogamos coa voz, coa vocalización, a intensidade, o tono, a intención da mensaxe….sempre acompañando o corpo. E descubrimos cantas mensaxes se poden transmitir cunha mesma palabra, frase…os simplemente xogando coas vogais porque dende elas comezamos para pasar a palabra, a frase, o diálogo, o teatro!

Grazas Charo por este obradoiro tan completo, no que nos sentimos ben porque soubeches aproveitar as nosas propostas  facéndonos sentir que o estabamos a facer ben e de camiño nos  axudabas a descubrir as túas propostas para mellorar.

 Divertímonos un montón e todxs aprendemos contigo. Seguímonos formando para ser bos comunicadores, e dende logo, para saber contar historias na radio, aos compañeiros, á vida!

Foi unha mañá lúdica, divertida, enriquecedora… nestes tempos un fermoso raíño de luz, de disfrute dentro de tanta norma estricta e protocolo que dende logo non abandonamos nin por un momento….pero atopamos momentos divertidos.

Imaxes deste fermoso día