Iniciar sesión: Acceso

ACTIVIDADES EN TORNO Á NECESIDADE DE PAZ

ACTIVIDADES EN TORNO Á PAZ

Dentro dos moitos ingredientes  necesarios na vida das persoas  hai  un  fundamental, que ademáis  contaxia  todo o que rodea: A PAZ. A prol dela traballamos, e dende a biblioteca organizamos varias actividades.

O 30 de xaneiro celébrase o día mundial da Paz, coincidindo coa conmemoración da morte dun gran espiritualista e loitador pola paz no mundo, Mahatma Gandhi asesinado a tiros o 30 de xaneiro de 1948.

No colexio compartimos varias experiencias,  un tempo de reflexión, de actividade intensa a prol da paz e da igualdade, que desexamos impregne cada día máis as nosas vidas. Varias foron as actividades a prol desta gran tarefa:

O luns  27 de xaneiro, dentro das accións para traballar a igualdade que o centro levou a cabo tivemos un obradoiro de luxo na biblioteca do centro  con Anxo Fariña, ilustrador e creador de historias.

Obradoiro de igualdade con Anxo Fariña

 Levou a cabo duas sesións distribuíndonos en dous grupos: 3º, 4º, 5º e 6º por un lado, nunha sesión de 10:30 a 12 e temos que dicirvos que pasamos o recreo enteiriño con él sen acordarnos da hora do recreo.A outra sesión foi cos nenxs de infantil, 1º e 2º a partires das 12:15horas. Este grupo baixou tarde ao comedor, sen importarlles nada porque tamén  estaban a pasalo xenial e moi entretidos.

 Anxo presentounos libros seus, e falounos algo deles, o xusto para deixar intriga e gañas de lelos, por certo algún como os da colección dos Megatoxos xa os coñeciamos porque os temos na bibilioteca. Agasallounos con algún deles que nos deixou adicados. Así soubemos que tamén escribiu para os máis pequenos”O pintor de flores” e do seu último que imos a ler no Club de lectura: “Os ecos do lume” ten moito que ver con outra manifestación de violencia, os incendios forestais que destrúen a natureza con consecuencias moi negativas nas nosas vidas.

Tamén coñecemos a faceta de Anxo como ilustrador e mostrounos  técnicas asombrosas pola súa sinxeleza para debuxar….Pouco a pouco, poñéndonos exemplos él  foi enchendo as cartolinas que acaban sendo auténticos cadros; e nós creamos unha historia sobre unha plantilla que nos deu con debuxos, pero a que lle engadimos novos personaxes poñendo en práctica ás técnicas  que anxo nos ensinaba. Creamos  cada un a súa historia cun título común: “A cidade violeta”. Como podedes imaxinar os roles e oficios desta historia están relacionados cos soños e aptitudes das persoas, nada teñen que ver co xénero.

Creamos o recuncho de contos relacionados coa temática da Paz. E démoslle protagonismo á poesía e ao libro  “Bicos e non balas” de Antonio García Teijeiro e a catro contos seleccionados polos biblioaxudantes para contar de dous en dous.

Por un lado, cada curso fixo a súa selección de poemas, de “Bicos e non balas”. Por certo, descubrimos poemas tan fermosos, que decidimos  difundilos a través da radio escolar. Así que cada curso grabou o seu programa de radio.

A hora de ler desa semana foi distinta. Cada día recitou un curso os seus poemas de “bicos e non balas” e cada dous biblioaxudantes contaron o seu conto.

O martes recitounos infantil, o poema “ There´s only one place I know”, “Eu sei dun lugar…... Despois Senén e José Ramón contáronnos o conto: Es ti o meu amigo?

O mércores recitou primeiro e segundo  poemas curtiños. Despois Aelfie e Manu contáronnos o conto: “Ate as princesas botan peidos”.

Sesión de actividades sobre a Paz no centro de Día

Despois 5º e 6º acudiron ao centro de día para disfrutar dunha sesión de Club de lectura cos usuarios deste centro.  Nós lemoslles os dous poemas cos que traballaramos: O de Antonio García Teijeiro e como nos inspirou para crear o noso proppio, que tamén lles lemos e que por certo, lles gustou moito.

Pero moitos deles tamén saben de guerra e sufrimento porque viviron de preto a guerra civil e as súas consecuencias, así que eles tamén tiñan moito que compartir.

 Contáronnos a historia de Repil, un lugar preto de aquí, donde a garda civil dirixida polas autoridades matou a  4 persoas.  A casa donde se atopaban  estaba  preto da vía do tren. Pois ben,  viña o tren cargado de gardas por orde das autoridades parou alí, á carón da casa, para baixarse os gardas que prenderon lume para obrigarlles a saír e poder dispararlles.

Unha nena de catro anos, daquelas, foi  testemuña de cómo chegaron á súa casa, e na cociña, onde se atopaban todos prenderon ao seu pai e o levaron para matalo.

Outro usuario foi testemuña, estando no campo, coas súas obellas, de cómo asasinaron a tiros a dúas persoas, que deixaron alí tiradas, e que máis tarde viñeron a buscar nun carro.

O único delito que cometeran todas estas persoas era o de ser dunha ideoloxia política distinta.

Foi unha sesión na que compartimos moitas emocións: a tristeza, a angustia, o horror que producen as guerras, e a necesidade de ter todxs moi presente que debemos traballar para que non volva a pasar; e alí, naqueles países donde hai guerra, ten que rematar xa.

O xoves tocoulles recitar a terceiro e cuarto, un extraordinario recital. Despois Amanda e Marcos contáronnos o conto: “Había unha vez un neno”.

Sesión de contacontos da Igualdade

Despois tivemos  no centro  unha sesión de contacontos da igualdade con Patricia Martínez. Unha extraordinaria contacontos que nos enganchou a todxs. Contounos tres contos nos que acabamos participando todxs. Esta actividade estivo financiada por Servizos Sociais do concello.

Despois de comer plasmamos as nosas mans, pintadas de cores nunha  pomba debuxada en papel quedando decorada de mans de cores…

O venres o recital de poemas  estivo a cargo de 5º e 6º. Cada un recitou dous poemas: o   seleccionado de “bicos e non balas” e o creado por nós na semana anterior no obradoiro de linguas que estamos a desenvolver este curso, cada tarde dos luns.Seleccionamos un verso ou dous como máximo do  poema que eliximos para recitar e a partir dese creamos o noso propio poema.  A fonte de inspiración non podía ser mellor e por iso xurdiron poemas tan fermosos. Así compuxemos o noso libriño de poemas.

Nas sesións de plástica tamén traballamos coa Paz da man dos profes de plástica, Paula e Óscar e así compuxemos un crebacabeza, coas nosas mensaxes e co que creamos un mural cos traballos de todxs. Por outra banda estamos a traballar co uso dos plásticos. Así que reutilizamos platos de plástico cos que creamos unha pomba que colocamos na parede da entrada do centro.

Canción da Paz: nas sesión de música desa semana traballamos cunha canción que creou e musicou Pablo, o profe de música, para cantar o venres  e pechar así unha semana  de actividades que fomenten a sensibilización e  implicación na necesidade de Paz. Só pechamos a semana porque as actividades  abren a porta cara unha ponte: traballar buscando o único e verdadeiro camiño  na vida: o da PAZ.