Iniciar sesión: Acceso

TODOS COA PAZ NO CEIP POBRA DO BROLLÓN

Voltamos das vacacións do Nadal, cos mellores propósitos do novo ano que comeza: mellorar!. E é que xaneiro chega cargado de proxectos e cunha  gran data para reflexionar: O dia da Paz. Momentos que invitan á importancia de vivir en paz, medrando fortalecidos polos valores, que nos levan a convivir no respeto á diversidade, na tolerancia, na solidariedade,  pilares sobre os que contruír  futuro.

Abordamos este tema dende todas as materias e como na maioría das conmemoracións a biblioteca foi o motor central facendo as súas propostas.

Creamos o recuncho lector cos libros da biblioteca que abordan esta temática. Este recuncho colocouse na entrada do comedor.  A biblioteca saiu fóra do seu recinto e facilitou a posibilidade de ler ao alumnado surtindo os momentos de lectura ou de lecer con contos do recuncho.

Seleccionamos algúns destes contos para traballar nas aulas: hora de ler, plan lector…

Infantil: “Cachorros cachorros”, “Unha manchea de bicos” “O segredo de Flora”.

En 1º e 2º: “Cachorros cachorros”, “Cuando me hice así de pequeño” “O segredo de Flora” “A casa grande” “A manchas ou a raias?”.

En 3º e 4º: “O elefante dunha soa orella”

En 5º e 6º: “O Carteiro de Bagdag”,”O segredo de Flora”, “A casa grande” e prepararon para contar ao resto do cole: A manchas ou a raias? De Estefania de Padullés.

Creamos un poema para unha canción: Nas áreas das linguas, reflexionando sobre as mensaxes das nosas lecturas, participamos nun obradoiro de poesía para describir a PAZ. Xogamos coas palabras, as estrofas e a rima. Así naceu a 1ª estrofa dun poema en primeiro e segundo; o retrouso en 3º e 4º e as tres últimas estrofas en quinto e sexto. O profesor de música creou a melodia para despois cantar todxs xuntos unha canción cargada de mensaxe

 Poema

Música

Durante a semana do 25 ao 31 de xaneiro a hora de ler estivo organizada por actividades que nos invitaban á reflexión sobre esta gran necesidade no mundo: A PAZ!.

O luns viron na aula virtual unha curtametraxe: “A terra é miña”

O Martes viron a curtametraxe: “Tres puntadas”.

O Mércores viron a curtametraxe: “O reino”

O Xoves: Os biblioaxudantes de 5º e 6º contaron o conto de Estefanía de Padullés “A manchas ou a raias?”. Empregaron como soporte o conto en powert point.

Despois das sesión abriase un pequeno debate para facer valoracións persoais,  impresións, e sobre todo analizar  mensaxes e conclusións.

O venres colocamos un mural  realizado dende a área de plástica: contén o poema que crearon todxs e os debuxos que realizaron na sesión de plástica, no que plasmaron o que lles transmitía PAZ. Dende plástica, traballaron tamén con papiroflexia, construíndo pombas da Paz e que serviron para completar o mural e ambientar o recuncho lector da PAZ.

O venres pola tarde dedicámolo a actividades sobre a Paz na biblioteca: Cantaron a súa canción e despois xogaron cos escornabots con dous xogos creados polo Equipo de biblioteca en torno a boa convivencia, ás  boas condutas e modales  e á PAZ.

Creamos dous xogos cos escornabots para xogar en equipos.

Un para infantil e primeiro e segundo sobre o libro “Cachorros cachorros” que traballa dunha forma simpática o que fan os cachorros pero   que non debemos facer os nenos e nenas.

O xogo titúlase: Podo! Non podo!

O outro xogo está dirixido a 3º, 4º, 5º e 6º. Invita á reflexión sobre as actitudes ou decisións que se deben tomar ante diversas situacións conflictivas do día a día e traballa conceptos nos que nos pode por a vida: refuxiados, emigrantes.

Este xogo titúlase: “Xogo da Paz”

Rematamos unha semana tentando aumentar a sensibilización e o compromiso cara a necesidade de sentir a Paz empezando por mirarnos a nós mesmos e actuar implicándonos co seu triunfo paso a paso.

Como moi ben nos deixou reflexionado Gandhi:

"Si queres cambiar o mundo, cámbiate a ti mesmo."