18-19. Día Internacional da Muller


8 de marzo

Día Internacional da muller

 

Denomínase teito de cristal á limitación velada do ascenso laboral das mulleres ao interior das organizacións. Trátase de barreiras invisibles que atopan as mulleres á hora de abrirse paso na súa carreira profesional e ir progresando cara a postos de maior responsabilidade.
Simbólicamente trátase dun teito superior que permite ás mulleres mirar cara arriba pero que lles impide traspasalo. É invisible e difícil de detectar porque non existen leis ou dispositivos sociais establecidos e oficiais que impoñan unha limitación explícita na carreira laboral ás mulleres por iso non se ve e chámase de cristal.
As mulleres aínda se concentran, a escala mundial, nas formas máis precarias de traballo, e romper o 'teito de cristal' parece unha meta escurridiza só ao alcance dun grupo selecto e reducido",
Aínda que houbo un avance evidente nos últimos anos seguen sendo poucas as mulleres nos postos de poder e responsabilidade das empresas, seguen sendo minoritarias nos postos de dirección.
Segundo a Comisión Nacional do Mercado de Valores "Desaproveitar o potencial talento empresarial do 51% da poboación -as mulleres- non pode ser economicamente racional no conxunto das grandes empresas do noso país". "A experiencia das últimas décadas, nas que asistimos a unha crecente incorporación da muller ao mundo empresarial así o acredita", sinala o texto, que fala dun "esforzo adicional" e recomenda contar polo menos cun 30% de conselleiras en 2020.
A Lei de Igualdade aprobada en 2007 no seu artigo 75, estipulou que as empresas deberían chegar a unha cifra "equilibrada" de mulleres e homes en oito anos, nin por riba do 60% nin por baixo do 40% para cada sexo. Por outra banda, as empresas de máis de 250 empregados deberían, segundo o artigo 45 da lei, elaborar un Plan de Igualdade.

Derrubar as barreiras que limitan ás mulleres na súa carreira profesional é unha obrigación da sociedade.  Aínda que de forma lenta avanzouse, falta moito para lograr derrubar o teito de cristal.

VÍDEO MULLERES E CIENCIA

 

 

1º PREMIO  DO “II CONCURSO DE CARTEIS 8 DE MARZO”

Secretaría Xeral de Igualdade


PARTICIPARON NA ELABORACIÓN:

Paniagua Rodríguez, Demeku;  Regueira Costa, Lucía; Filgueira Dosil, Julia; Blanco Baluja, Oxana; Duaso López, Noa; Blanco Moure, Nuria; Martínez Bastón, Helena; Balsa Maceiras, Noa.
A entrega dos premios tivo lugar o mércores día 27 de febreiro de 2018 ás 12:00 horas nas dependencias da Cidade da Cultura.

Vídeo de entrega de premio.

 

Conferencia: As irmás Fandiño Ricart.

Encarna Otero Cepeda. Historiadora. Profesora de secundaria


Maruxa, Coralia, Sarita, Manuel, Alfonso, Antonio, etc. Eran trece os fillos e fillas que tiveron en Compostela Arturo Fandiño e Consuelo Ricart, parella de artesáns, oficio tan frecuente naquel Santiago de principios do século XX. El, zapateiro, con obradoiro na Algalia de Arriba, n.º 32. Ela, costureira e bordadora, con obradoiro na súa propia casa, na rúa do Espírito Santo, profesión que van aprender e compartir, tamén, as súas fillas. Xente traballadora, esforzada, humilde e, porén, digna e leda de conseguir comer coa suor da súa fronte, como se aseveraba a respecto da clase traballadora. Velaí a orixe, a identidade e os nomes das mulleres máis retratadas de Compostela: Maruxa e Coralia —que desde a súa mocidade quixo chamarse Rocío—, “as dúas en punto”, “as dúas Marías”, foco de luz, cor e ledicia na Compostela gris e triste do franquismo.

  • 7 de marzo. Alumnado de 5º e 6º de EP
   

I Concurso literario: Somos iguais


 

Dirixido ao alumnado de 3º e 6º. Os traballos  terán de extensión como máximo un folio. No traballo figurará o nome, curso e nivel do alumnado.

 

A gañadora do concurso foi a alumna de 6º de EP: Carlota De Miguel.

 

Escola de nais e pais


Charla impartida por Raquel Veira, profesora de secundaria. Actividade dirixida ás familias de cara ao fomento das actividades STE(A)M entre as alumnas do centro. Luns 18 de febreiro. 17:00. Aula de vídeo.

  ACTIVIDADES: Educación Infantil

 

ACTIVIDADES: Educación Primaria