A nosa biblioteca

SEMANA DOCE DO LIBRO. DO 23 AO 27 de ABRIL

 

 

Podedes disfrutar neste enlace:

http://abibliodopintorlaxeiro.blogspot.com.es/2018/04/dia-do-libro-23-de-abril-2018.html?m=1

A Nosa Biblioteca

QUE BIBLIOTECA QUEREMOS?

Ola a todos/as:

A biblioteca do CEIP Pintor Laxeiro leva moitos anos en funcionamento. A súa andaina é longa. Sempre tratou de responder á demanda do alumnado e adaptarse aos novos tempos.

Foi así como tomamos a decisión de poñer en marcha un novo modelo de biblioteca escolar hai tres anos... Partimos das preguntas: qué biblioteca queremos?, para qué a queremos?, e, cómo podemos levar a cabo a experiencia?

Elaboramos enquisas para o profesorado, o alumnado e as familias. Consultamos experiencias xa postas en marcha tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas, buscamos información na web, limos diversa e abundante bibliografía... e ao final puxémonos en marcha. 

Posta en marcha co obxectivo de deseñar un modelo que responda a eses novos tempos e que ten coma eixo o seguinte:

  • Espertar, cultivar e afianzar o gusto pola lectura.
  • Desenvolver a imaxinación e a creatividade utilizando os seus recursos.
  • Atopar un lugar máxico co mundo dos libros.
  • Adquirir hábitos relacionados co comportamento que se debe manter nunha biblioteca.
  • Iniciar aos nenos/as na metodoloxía bibliotecaria.
  • Aprender a buscar información.

 

 E todo isto para que?:

  • Para satisfacer as necesidades de coñecemento e as ansias de curiosidade dos/as alumnos/as.
  • Para apoiar a labor do profesorado.
  • Para fomentar o gusto pola lectura.
  • Para intercambiar experiencias.
  • Para que os/as pais/nais se involucren na educación dos seus fillos/as.

 

Distribuir contido