Outras actividades

Visita dos alumnos/as do IES LAXEIRO de Lalín

Con motivo do ano adicado a Laxeiro, o alumnado do IES LAXEIRO de Lalin e o do   CEIP PLURILINGÜE PINTOR LAXEIRO de Vigo, o mércores 8 de xuño tiveron una xornada de convivencia e intercambio de traballos.
 
Estiveron acompañados polo Xefe Territorial de Educación da Provincia de Pontevedra D.César Pérez Ares.

Grazas  por facer posible este encontro. 

Toda a información: Blog Dinamización Linguïstica

Ecolaxeiros: Descubrindo a arte

Artículo Atlántico diario: 9 de xuño de 2022 

Titeres: "Unha noite con Laxeiro"

Espectáculo monicreques "Unha noite con Laxeiro"

 

        O vindeiro 17 de maio, ás 12.30h do mediodía, terá lugar na Fundación Laxeiro o espectáculo de monicreques para público infantil titulado Unha noite con Laxeiro a cargo da compañía Titeresnatuacasa. 

          A Fundación Laxeiro une a celebración do Día das Letras Galegas (17 de maio) co Día Internacional dos Museos (18 de maio) neste espectáculo para nenas e nenos de entre 3 e 10 anos que a Fundación Laxeiro ofrece de forma gratuíta. 

          Para asistir, só hai que enviar un correo electrónico a info@laxeiro.org escribindo os nomes completos das persoas asistentes, a idade dos nenos e nenas e un número de teléfono de contacto. Como o aforo é limitado, a Fundación Laxeiro pide que só asista un adulto por familia. 

 

      Unha noite con Laxeiro é unha creación de Titeresnatuacasa na que o neno Pepiño soña que é un personaxe de Laxeiro e vaise atopando con outros personaxes dos cadros do artista, que lle contan diversas historias sobre a arte e a fantasía, ata que, finalmente, Pepiño atopa o camiño de regreso ao mundo real e desperta do soño.

 

Martes, 17 de maio, ás 12.30h do mediodía

Fundación Laxeiro, rúa Policarpo Sanz, 15, 3º, Vigo

Público infantil de 3 a 10 anos

Reservas en: info@laxeiro.org

Distribuir contido