Skip to Content

Libros de texto

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021/2022

En xullo entregaranse os vales que corresponden a 1º e 2º. Xa se avisará en que data.

Os dos demais cursos de primaria entregaranse en setembro (únicamente serían os vales de material. Os libros xa se atopan no colexio).

Avisarase por teléfono ás persoas que están excluídas.

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO CURSO 2021-22

Na ORDE do 6 de maio de 2021 publicada no DOG n.º 93 de maio atópase toda a información para a xestión das axudas.

Este é un resumo:

 

COMO PRESENTAR E EN QUE PRAZO:

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: dende o 21 de maio ata o 22 de xuño (ambos inclusive).

MODO DE PRESENTACIÓN: preferiblemente na aplicación FONDOLIBROS no enlace https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ ou presencial no centro con previa cita. Cubrirase unha única solicitude para tod@s @s fill@s matriculad@s no centro.

A QUE CURSOS VAI DIRIXIDO:

  • 1º E 2º DE PRIMARIA

 AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO (VALE)

  • Estar matriculad@ en 1º ou 2º de Primaria no curso 21/22.
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter condición de beneficiario recollidas no artigo 10 da lei 9/2007 do 13 de xuño das subvencións de Galicia.
  • Ter unha renda per cápita igual ou inferior a 10000€ segundo a Declaración da Renta do ano 2019.
  • 3º E 4º DE PRIMARIA 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (BANCO DE LIBROS)

As asignacións de libros realizaranse ata esgotar existencias e por orde inversa á renda per cápita (situación a 31/12/2019).

    • Estar matriculado en 3º ou 4º de Educación Primaria no curso 2021/22.

    • Devolver en bo estado os libros de texto adquiridos con cargo ás axudas do Fondo Solidariodo curso 2020/21.

    • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidasno artigo 10 da lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    • Ter unha renda per cápita igual ou inferior a 10000€ segundo a Declaración da Renta do ano 2019.
  • 5º E 6º DE PRIMARIA

    O NOSO CENTRO É UN CENTRO EDIXGAL: Todo o alumnado conta con libro dixital no centro.

 

  • PARA TODOS OS CURSOS DE PRIMARIA

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR (VALE)

  • Estar matriculad@ en Educación Primaria.
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter condición de beneficiario recollidas no artigo 10 da lei 9/2007 do 13 de xuño das subvencións de Galicia.
  • Ter unha renda per cápita igual ou inferior a 6000€ segundo a Declaración da Renta do ano 2019.
  • Devolver en bo estado os libros de texto adquiridos con cargo ás Axudas do Fondo Solidario do curso 2020/2021.

 IMPORTANTE!!!!! O alumnado que cursa 6º de Primaria este curso, ten que xestionar a axuda no IES ao que acuda cada un deles. O impreso é o mesmo polo que podedes descargalo de aquí.

NON devolución dos libros será motivo de exclusión do fondo solidario e das convocatoriasde axuda para a adquisición de libros de texto e/ou de material escolar.

 

IMPRESOS: ANEXO I e ANEXO II

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
by Dr. Radut