Skip to Content

Novas

Distribución de máscaras entre o alumnado de Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial

Publicada a Orde que regula o procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado de Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211112/AnuncioG0598-081121-0001_es.pdf

 

 

 

O ALUMNADO QUE RECIBIU A AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR RECIBIRÁ AS MÁSCARAS DIRECTAMENTE SEN NECESIDADE DE FORMULAR SOLICITUDE ALGUNHA.

 

 

Quen máis podería solicitar esta axuda para as máscaras?

 

  • As persoas que non foron beneficiarias da axuda para material escolar cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€.

  • Alumnado matriculado en Educación Especial.

  • Alumnado tutelado pola Xunta de Galicia.

  • Alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65% con independencia da unidade familiar.

 

 

En caso de ser máis dun fillo/a, cubrirase unha solicitude única.

 

 

Prazo de entrega das solicitudes ata o 26 de novembro.

 

 

Como se pode presentar?

 

No cole ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (CHAVE 365; código de procedemento ED330E).

 

 

No documento adxunto atoparedes o impreso para cubrir ou solicitalo en Secretaría.

 

 

 

No caso de xa ter aportada esa documentación cando se solicitou a axuda para material escolar para o curso 2021/2022, non será preciso aportala.

 

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

NESTE MES DE NOVEMBRO CELEBRARANSE ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR DO COLE.

NO DOCUMENTO ANEXO TEDES TODA A INFORMACIÓN: QUE É O CONSELLO ESCOLAR, CALES SON AS SÚAS FUNCIÓNS, OS PRAZOS DAS DISTINTAS FASES DESTE PROCESO...

PARA A PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS TEDES QUE SOLICITAR O IMPRESO EN SECRETARÍA OU DESCARGAR O DOCUMENTO.

ÁNIMO!!!!

Adaptación ao Protocolo COVID

Nos arquivos adxuntos atoparedes a documentación relacionada co PROTOCOLO COVID que se irá actualizando dependendo da situación.

VOLTAMOS AO COLE

No arquivo adxunto atoparedes información sobre o comezo do curso 202/2021.

 

ADMISIÓN CURSO 2020/2021

 

Está aberto o prazo para matricular alumnado o vindeiro curso 2020-2021. O prazo de presentación de solicitudes remataría o 20 de marzo pero como este día foi declarado non lectivo, prorrógase o período de presentación de solicitudes de admisión ata o luns 23 de marzo

Pódese presentar a solicitude no colexio, presentando o documento que se adxunta, ou ben a través da aplicación web admisionalumnado.

O horario de Secretaría é de luns a venres de 9:00 a 9:55 horas.

 Podedes consultar máis información no seguinte enlace.

 Neste enlace podedes descargar o Formulario de solicitude para presentar no centro.

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
by Dr. Radut