Skip to Content

        

Visita do escritor Pere Tobaruela

 O pasado xoves, 27 de abril, o alumnado de primeiro e segundo ciclo, recibimos a visita de Pere Tobaruela, autor dos libros  "Mariña e o balón" e "Formigas, Misión Rosalía".

Tobaruela falou con eles dun xeito divertido e entretido inculcándolles as ganas de ler e escribir historias fantásticas. Coñeceron e intercambiaron opinións sobre os diferentes libros do autor, especialmente os lidos polo alumnado.

Para rematar asinou os nosos libros! 

Tamén accedeu amablemente facer unha entrevista radiofónica, resultando unha conversa interesante onde os nenos e nenas poideron saber máis do autor.

Grazas Pere por este ratiño tan agradable e por facernos rir tanto.

 Para ver as fotos, pincha aquí.

 

 

6º Etapa Camino de Santiago, Lectura libros maiores a pequenos e Saída bicis Tanque de Tormentas e Freixeiro

Realizamos a 6º etapa do Camiño de Santiago con 6º. O percorrido foi Hospital de Bruma - Sigüeiro. Un total de 24 km... Foi duro, pero os nenos/as foron uns guerreiros e conseguírono. ¡Só nos queda 1 etapa e chegamos a Santiago!!!

¿Queredes ver as fotos? Fai click no  seguinte enlace.

Tamén esta semana, o xoves 27 de abril, os alumnos/as de 5º e 6º realizaron un percorrido en bicicleta ata o Tanque de Tormentas de Xuvia e o parque de Freixeiro. Aquí tedes as fotos. 

Finalmente, o venres 30 de abril celebramos o día do libro, saíndo todo ao alumnado ao patio a ler libros. os maiores fixeron de lectores para os máis pequenos. Facede click aquí para ver as fotos. 

Presentación do libro Lúa

Onte o alumnado de 1° de Ed. Primaria tivo o privilexio de ver a presentación do libro "Lúa" do escritor Pepablo Patinho. Ademais de responder a unhas preguntas que lle fixeron deixounos de agasallo uns libros para o centro. Pasárono moi ben, moitas grazas por todo Pepablo!

Se queredes ver as fotos, pincha aquí.

Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido no CEIP Piñeiros para o curso 2023-2024

Comunicamos a todas as familias interesadas que, dende hoxe, martes 25 de abril de 2023, na secretaría do CEIP Piñeiros están publicadas as listaxes de alumnos e alumnas que están admitidos, provisionalmente, para o curso 2023-2024.

As listaxes tamén poden ser consultadas por vía electrónica, a través da aplicación informática admisionalumnado, sendo necesario para consultalas o certificado dixital ou Chave 365.

Reclamacións:

Estas lsitaxes teñen un carácter provisional e poder ser obxecto de reclamación, ante o Consello Escolar do CEIP Piñeiros, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

As reclamacións formuladas entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva.

Listaxes definitivas:

As listaxes definitivas do alumnado definitvo publicaranse e estarán dispoñibles, a través da aplicación informática, o 15 de maio de 2023.

 

 

 

 

Olimpiadas escolares

Como todos os anos, o alumnado de 5º de Primaria participou nas Olimpiadas Escolares organizadas pola Equipa de Educación Vial do Concello de Narón. Estas olimpiadas constan de dúas partes: A primeira é un circuito de bicicletas, que debe facer todo o alumnado de 5º e a segunda un concurso de preguntas sobre distintos ámbitos: matemáticas, inglés, medio ambiente, patrimonio, normas de educación vial como ciclistas, peatóns...

Compiten nelas todos os colexios de Narón. 

Darlles a noraboa ao alumnado de 5º do noso cole, xa que conseguiron un máis que impresionante 2º posto.  Si queredes ver as fotos fai click na imaxe.

32º Certame Intercentros do Concello de Narón

Outro ano máis, todos os cursos, dende 4º curso de Ed. Infantil (3 anos) a 6º curso de Ed. Primaria participamos no 32º Certame Intercentros organizado polo Concello de Narón. Participamos cun mural, conto ilustrado ou cómic, que estarán expostos no Pazo da Cultura entre os días 17 e 11 de maio. Ademais, os cursos de 1º, 3º y 5º de primaria participan cun poema, unha canción e unha obra de teatro, respectivamente, que serán representados no Pazo para todos os centros participantes. 

5ª ETAPA DO CAMIÑO DE SANTIAGO PRESEDO - HOSPITAL DE BRUMA

O pasado día 29 de marzo fixemos a 5ª etapa do Camiño de Santiago co alumnado de 6º. Foi unha etapa curta pero intensa. Todos os nenos e nenas están disfrutando y facendo un grandísimo traballo. Sempre cunha actitude e unhas ganas dignas de eloxio.

¿Queredes ver as fotos? Pincha aquí. 

Conmemoración do día mundial do autismo.

O 2 de abril conmemórase o día mundial do autismo e, no noso cole, quixemos sumarmos a esta campaña. Se queredes ver un vídeo resumo do ben que o pasamos esta semana, pincha no vídeo.

 .

3ª Y 4ª ETAPAS CAMIÑO DE SANTIAGO

Como sabedes, estamos a realizar o Camiño de Santiago cos rapaces e rapazas de 6º de Primaria. Levamos completadas xa 4 etapas. Si queredes ver as dúas primeiras, están as fotos un pouco máis abaixo nas entradas da web. 

Si queredes ver a 3ª e a 4ª etapas, facede click nos seguintes enlaces.

3ª etapa Camiño de Santiago: Pontedeume - Porto de Baixo

4ª etapa Camiño de Santiago: Porto de Baixo - Presedo

Vídeo xornada de portas abertas

Para coñecer as diferentes actividades que realizamos no centro, podedes ver o seguinte vídeo recopilatorio.

Distribuir contido


by Dr. Radut