Skip to Content

        

Novo horario de atención do CEIP Piñeiros durante a 1º quincena do mes de xullo

Comunicamos a todas as familias do alumnado do CEIP Piñeiros do Concello de Narón que o horario de atención as familias, dende o 3 de xullo e ata o 14 de xullo de 2023, será dende as 9:00 ata as 13:00 horas.

Revista Escolar (2022-2023)

 

Xa está recén saída do forno a revista escolar deste curso!

Se queredes vela facede click aquí!

         

PROGRAMA DE RADIO

O alumnado de 5º de primaria acaba de elaborar un programa de radio acerca do uso das novas tecnoloxías. Si queredes escoitalo, facede click aquí. 

Relación de libros de texto para o curso 2023-2024

Publícase a listaxe de libros de texto que o alumnado de todos os cursos de Educación Primaria empregarán no vindeiro ano académico 2023-2024. Para consultar a listaxe, preme "aquí".

O que a mentira levou. Compañía de Ópera Yunadachis!

Chegou o día...

O pasado mércores 31 de maio a Compañía de Ópera Yunadachis, formada polo alumnado de sexto, representou no Pazo da Cultura de Narón a súa ópera “O que a mentira levou”.

O cole ao completo, familias e o CEIP de Esteiro puideron comprobar o traballazo que realizaron para crear esta ópera dende cero!

Un gran día, cargado de grandes emocións e alegrías! Fixérono espectacular.

Noraboa rapazada!!!

 

Se queres ver o vídeo do ensaio xeral fai click aquí

Se queres ver o vídeo – resumo que crearon os documentalistas fai click aquí

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar e para participar no fondo solidario de libros de texto - Curso 2023-2024

Comunicamos a todas as familias que o venres, 19 de maio de 2023, publicouse no DOG a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primari, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar.

O prazo para solicitar estas axudas remata o 21 de xuño de 2023.

Se queredes consultar a Orde que regula estas axudas, premede "aquí".

 

Se queredes descargar a solicitude, tedes que premer "aquí".

Se queredes consultar as instrucións publicadas pola Consellería de Educación, premede "aquí".

 

Para consultar un resumo da Orde do 10 de maio de 2023, elaborado pola dirección do centro, debedes premer "aquí".

Para coñecer o horario de recollida no centro das solicitudes, premede "aquí".

 

Letras Galegas 2023

Para festexar o Día das Letras Galegas todo o alumnado e profesorado do cole

bailamos a "Muiñeira de Cabana". Queredes ver o resultado? Aquí o tedes. 

 

Publicación da listaxe definitiva de alumnado admitido no CEIP Piñeiros para o curso 2023-2024

Comunicamos a todas as familias interesadas que, dende hoxe, luns 15 de maio de 2023, na secretaría do CEIP Piñeiros están publicadas as listaxes de alumnos e alumnas que están admitidos, definitivamente, para o curso 2023-2024.

As listaxes tamén poden ser consultadas por vía electrónica, a través da aplicación informática admisionalumnado, sendo necesario para consultalas o certificado dixital ou Chave 365.

Impugnación ou reclamación das listaxes definitivas:Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

IMPORTANTE

Prazo para a formalización da matrícula:

O prazo para formalizar a matrícula do alumnado admitido en Educación Infantil e Primaria será do 20 de xuño ao 30 de xuño de 2023. Se finalizado o prazo de matrícula non se tivese formalizada esta, teráselle por decaído no dereito á praza obtida.

 

 

 

 

Intercomarcal Tenis de Mesa

O pasado venres día 5 de maio, varios alumnos/as de 4º, 5º e 6º de primaria participaron na fase Intercomarcal de tenis de mesa, acadando dous dos nosos equipos a clasificación para a fase provincial. Parabéns!

Estes equipos foron o alevín masculino A de 6º que se clasificou 2º e o Benxamín A mixto que se clasificou 3º. 

Para ver as fotos fai click no enlace. 

E o sábado 14 de maio, o equipo benxamín, participou no campionato provincial en Zas, quedando subcampións provinciais!!!. Parabéns para  o noso alumnado!

Distribuir contido


by Dr. Radut