Skip to Content

Obradoiros

Obradoiro apadriñado: Un Nadal cheo de emocións.

Hoxe fixemos o noso primeiro obradoiro apadriñado desde curso. Levamos anos facendo actividades deste tipo nos que nenos maiores e pequenos comparten momentos de lectura, manualidades, cociña, etc.

Hoxe tocoulle o turno á lectura e como se acercan unhas datas moi familiares cheas de emocións, decidimos que este fose o tema dos nosos obradoiros de Nadal.

Nos días previos madriñas e padriños coñeceron a os seus afillados e afilladas. Nalgúns casos hasta se fixeron agasallos (marcapáxinas ou taumatropos foron algúns dos exemplos)

Aqui vos deixamos un vídeo que recolle algúns dos momentos de lectura compartida. Cada parella ou trío escolle un lugar do centro onde lles apetece ler e alí comparten o seu placer pola lectura. Da gusto ver como se coidan uns a outros e o bo ambiente que se respira polos corredores.

 

Obradoiro de Poesía

28/04/2016
Europe/Madrid

           O vindeiro Xoves día 28 de Abril celebraremos o Obradoiro de Poesía deste curso 2015-2016. Os nenos e nenas de todos os niveis (Primaria e Infantil) poderan disfrutar da lectura de diferentes poesías seleccionadas do catálogo da nosa biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut