Skip to Content

AXUDAS A EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2021/2022 - CONCELLO DE VILAGARCÍA

DÚAS CONVOCATORIAS

- Ata o 18 de xuño

- Do 6 ao 17 de setembro

Poderán ser beneficiarios/as destas axudas as unidades familiares residentes no Concello de Vilagarcía de Arousa con menores matriculados/as nas etapas 1ª e 2ª de Educación Infantil, nos Centros de Ensino sostidos con fondos públicos e nas Escolas Infantís autorizadas de Vilagarcía de Arousa.

REQUISITOS

— Estar empadroado e ter residencia efectiva permanente no Concello de Vilagarcía de Arousa.

— Ter fillos/as en idade escolar matriculados/as en 1ª ou 2ª etapa de Educación Infantil en Centros de Ensino sostidos con fondos públicos e nas Escolas Infantís autorizadas de Vilagarcía de Arousa.

— Non supera-los ingresos económicos fixados no baremo destas bases

— Presentar toda a documentación requirida, e no prazo establecido, nestas bases.

— Convivir co menor a cargo.

— A condición de beneficiario/a poderá obterse aínda que non se cumpran os requisitos esixidos no artigo 10.2 da lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.

 

DEIXAMOS O ENLACE Á CONVOCATORIA E AO DOCUMENTO ENVIADO POLO CONCELLO. PARA MÁIS INFORMACIÓN CONTACTAR CO CONCELLO DE VILAGARCÍA.

AdxuntoTamaño
bases_e_anexos_axudas_escolarizacion_21_22 infantil.pdf411.57 KB


story | by Dr. Radut