Skip to Content

Novas

PARABÉNS, ANDRÉS

Ai, que Andrés xa cumpriu 5 anos!

Celebrámolo comendo un biscoito que nos trouxo, e despois cantámoslle todos os compañeiros! Foi un día ben divertido! 

Aquí vos deixamos unhas fotiños para que vexades!

 

 

 

 

COMEZO CLASES

Ola a todos!      

 

Voltamos ás aulas con moita enerxía e moitos folgos!     

As clases comezarán o próximo 11 de Setembro no horario habitual.

 

REUNION FAMILIAS

Benqueridas familias

 

O próximo Luns, 11 de Setembro, ás 16:30, teremos unha reunión no centro para comentar o vindeiro curso 2023/2024.

Agardámosvos a todos!

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023/2024.

O prazo de solicitude de admisión para o curso 2023/2024 , para o alumnado de nova incorporación a o centro educativo está  aberto do

1 ao 20 de marzo  de 2023.

 A solicitude pode presentarse de xeito presencial no centro educativo ou tamén de xeito telemática no portal da Xunta.

Atoparan a información no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Impreso  de solicitude en galego

https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550B-G.pdf

impreso de solicitude en castelan

https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550A-C.pdf

 

DOCUMENTACIÓN que debe achegarse:

  • IMPRESO DE SOLICITUDE debidamente cuberto  –ED550B).
  • D.N.I. do alumno/a  OU COPIA DO LIBRO DE FAMILIA.
  • D.N.I. dos membros da unidade familiar.
  • No caso de separación ou divorcio, traer convenio regulador ou separación xudicial.

De ser necesario baremo para asignar prazas por superar  a demanda á oferta de prazas, requirirase documentación complementaria xustificativa dos  criterios alegados.

O seu momento informarase da resolución de admisión e da apertura do prazo de formalización de matricula.

MODIFICACIÓNS CRITERIOS DE PROMOCIÓN (Segundo orde do 25 de xaneiro de 2022)

A Orde do 25 de xaneiro de 2022 actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelatono sistema educativo de Galicia.

Seguindo a citada Orde modifícase o Proxecto Educativo do Centro nos aspectos que regula dita Orde. Está Orde entrou en vigor o 12 de febreiro, e será aplicada no presente curso 2021-2022.

Segundo a  Orde, a promoción dos cursos primeiro, terceiro e quinto de Educación Primaria será automática.

Decidirase sobre a promoción nos cursos segundo, cuarto e sexto de Primaria. O alumnado que non promocione terá que peremanecer un ano máis no mesmo curso. Está medida será de caracter excepcional e tomarase, tras aplicar as medidas ordinarias suficientes.

PODES DESCARGALO AQUÍ

Para máis información visualice o PEC.

Adaptación programación terceiro trimestre.

Seguindo as instruccións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, debido á situación que estamos a vivir como consecuencia do coronavirus, publicamos as programacións adaptadas de cada nivel e materia.

nas adaptacións establecense uns novos mínimos para que a cualificación sexa favorable. Estes mínimos están centrados no traballo dos dous trimestres anteriores, e servirán como punto de partida para a programación do vindeiro curso.

Para a cualificación do 3º trimestre, por acordo de claustro, establecese que a  cualificación obterase dos resultados da primeira e da segunda avaliación. Engadirase o traballo realizado polo alumnado durante o terceiro trimestre, valorando o seu esforzo e interese e tendo en conta a situación individual de cada alumno/a. A valoración sempre será para mellorar a nota.

 

Adaptación de primeiro curso

Adaptación de segundo curso

Adaptación de terceiro curso

Adaptación de cuarto curso

Adaptación de sexto curso

Distribuir contido


by Dr. Radut