1º Curso

EXCURSIÓN A SABUCEDO

@s nen@s de 1º visitaron Sabucedo. Desfrutaron coñecendo a " Lenda da casa das vellas", visitaron os curros novo e vello, entraron nun muíño e aserradoiro erealizaron unha ruta de sendeirismo.

 

CONTACONTOS

Sesión de contacontos emocionais en aula, a cargo de Marisa Irimia.

 

DÍA DO LIBRO

O día do libro, o alumnado de 1º B fixemos varias actividades. Primeiro lemos un libro da biblioteca, logo fixemos unha ficha de lectura e, por último, fixemos o noso mural debuxando cada un as portadas do conto que leran.

 

EDUEMOCIONA

Durante os días 14 e 15 de abril as clases participantes no Eduemociona (Contratos - Programa) asistiron a uns obradoiros sobre educación emocional impartidos por Marían Cobelas, onde tiveron a oportunidade de falar e coñecer máis sobre as emocións.

 

8 de marzo, Día da Muller

O día 8 de marzo, cada un de nós pintamos a muller das nosas vidas.

Día de Rosalía

O alumnado de 1º B, traballamos o día de Rosalía con moitas actividades. Entre elas escribimos un poema da escritora e pintamos o seu retrato.

Entroido 2.021

Magosto 2020

Alumnado de 1°B recollendo follas para facer unha manualidade o día do magosto. 

 

Educación física

 

 

Ola nen@s!

O profe Suso ten un regaliño para vós!

Para velo só tendes que ir a parte de educación física ou ao seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipperezviondi/node/985

Música

Ola a todo@s! 

Na sección dedicada á área de música tendes uns enlaces para fecer unhas fichas de repaso, de todas formas tedes o enlace a continuación:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipperezviondi/taxonomy/term/51

Son moi entretidas :)

 

Distribuir contido