PERÍODO DE ADAPTACIÓN. CURSO 2021-2022

GRADUACIÓN 6º EP CURSO 2020 - 2021

Despedida

Nunha palabra

Festival 2020_21

 

Obra de teatro de 6º B “Primeira feira das ideas e dos inventos”

Aquí vos decidamos a obra de teatro que fixemos os alumnos/as de 6ºB, para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Esperamos que a disfrutedes.

 

Graduación do Alumnado de 6º de Educación Infantil

Aqui vos deixamos un pequeno recordo do paso do noso alumnado pola etapa de Educación Infantil.

Esperamos que sexa do voso agrado. NORABOA aos graduados.

Un bico moi forte da profe Sonia e da profe Rebeca.

 

CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2021/2022

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2021-2022

A QUEN VAI DIRIXIDO?

  • Fondo solidario de libros de texto para o alumnado de 3º e 4º de Ed.Primaria
  • Axudas para adquirir libros de texto para 1º e 2º de Ed.Primaria
  • Axudas para adquirir material escolar para toda a Ed.Primaria

PRAZOS: Do 21 de maio ao 22 de xuño de 2020 (este incluído).

COMO FACELO? A solicitude para o fondo libros e as axudas para material escolar é a mesma. Podedes facelo de dous xeitos:

  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia

Debido á actual situación, presentaranse preferentemente nos formularios disponibles na aplicación informática «fondolibros» https://www.edu.xunta.es/fondolibros.

  • Presentación presencial no centro

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente nos centros docentes, descargándoas previamente (solicitude presencial, Anexos I e II), na web do centro, ou ben recollendo os formularios na secretaría do centro.

QUE TEÑO QUE ENTREGAR?

·         Anexo I debidamente cuberto.

·         Anexo II (para a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

·         Copia do libro de familia

 A maiores, no caso de darse algunha das circunstancias que se enumeran a continuación, tamén haberá que entregar:

  • Certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor e titores carezan de DNI e NIE.

*NOTAS ACLARATORIAS

·         O alumnado de 5º e 6º está excluído da participación no fondo solidario de libros xa que formarán parte do proxecto E-dixgal (ordenador en vez de libro); non obstante, si terán dereito á axuda para adquirir material escolar.

·         Se ides presentar máis dunha solicitude telemáticamente, recordade que tedes que facelas de xeito independente (unha por fillo/a); pola contra, se as entregades no centro, podedes entregar unha única solicitude.

·         A  non devolución dos libros de texto, sexan do curso actual ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2021/2022.

·         O código do centro que se vos pide na solicitude é 36002347

ONDE ENTREGAR AS SOLICITUDES:

  • Como norma xeral, onde estea matriculado durante o prazo de entrega das solicitudes.
  • O alumnado que xa fixo a reserva, no centro de adscrición (no I.E.S Manuel García Barros entre os días 24 e 28 de maio).
  • Os alumnos que estean pendentes de admisión, no centro actual, de orixe.

NORMATIVA: ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/2022 (código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 20 de maio de 2021)

 

 NORMATIVA

ANEXO I 

Admisión de alumnado para o curso 2021-2022

A partires do vindeiro  1 de marzo  comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2021/2022.

 Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: DE 09:15h. a 14:30h. - MARTES 16:00- 18:00H

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2021-2022
Publicación vacantes  Antes do 1 de  marzo
Presentación solicitude de admisión Do 1 ao 22 de marzo
Presentación documentación xustificativa  Do 25 de marzo ao 14 de abril
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  23 de abril
Publicación das listaxes definitivas  Antes do 15 de maio

Formalización de matrícula en EI e EP

 Do 20 ao 30 de xuño

         Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:

* DECRETO 254/2012, do 13 de decembro.

* ORDE do 12 de marzo de 2012.

* ORDE do 25 de xaneiro de 2017 que modifica a orde do 12 de marzo de 2013.

* ORDE do 18 de decembro de 2020. Modificación.

* ANEXO - IMPRESO solicitude de praza.

Distribuir contido