Skip to Content

TERCER TRIMESTRE

Tal e como se indica no documento oficial do enlace que aparece en esta páxina que contén as orientacións provisionais para o tercer trimestre, estaremos pendentes en todo momento das recomendacións sanitarias. 

O calendario escolar continúa. Adaptaremos as actividades como xa se viña facendo, estando pendente do alumnado sen conexión dixital. 

No blogue de Orientación atoparedes información para as dificultades de aprendizaxe así como recomendacións xerais.

As actividades serán de recuperación, repaso e reforzo e cada titora o titor informará regularmente na páxina web o que quere que se faga e como avaliará.

Dende Protección Civil se repartirán os libros do tercer trimestre para os que os queran consultar, ainda que se recorte o temario habitual.

Para Educación Infantil atoparedes moitas propostas no blogue da Biblioteca, o que se recomenda consultar habitualmente. Tamén seguirá aparecendo a información na aplicación usada para a clase de Infantil.

Nas especialidades faremos proxectos temáticos para os cales mandaremos información adicional. En inglés atoparedes todo no blogue.

En Plástica valorarase positivamente a participación. Como estades enviando bastantes traballos creamos un apartado coas obras de arte dos nosos artistas.



blog | by Dr. Radut