Skip to Content

Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia

O pasado 24 de marzo ASEIA puxo en funcionamento  o "Servizo de primeiros auxilios emocionais para adolescentes entre 12 e 18 anos e coidadores de nenas/os de 0 a 11 anos" que está a ser atendido por profesionais da psicoloxía clínica ou sanitaria, traballo social, enfermería e educacion social, todos eles con formación específica en saúde emocional na infancia e a adolescencia. A atención realízase telefonicamente e é gratuíta. O programa estará activo mentras se manteña o estado de alarma. Durante esta semana a atención será tamén de luns a venres incluíndo os días festivos.

O obxectivo deste servizo é dar puntualmente cobertura de apoio emocional e orientación psicolóxica, educativa e social a adolescentes e coidadores/as de menores de 11 anos, que se atopen con dificultades de desbordamento emocional derivadas da situación de distanciamento social a causa do estado de alarma decretado pola pandemia Covid-19. Este servizo manterase activo mentres dure a situación de confinamento para os menores de idade.

Para demandar apoio pódese enviar un mail a aseia.galicia@gmail.com ou chamando o 622245545.

 

 



blog | by Dr. Radut