Skip to Content

blogue deSiteadmin

LISTAXES DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO 2020/2021

Todo o alumnado que o solicitou praza foi admitido no listaxe definitivo en cuarto de Educación Infantil. 

Quen quera consultar a listaxe poderá facelo no taboleiro do centro.

LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO 2020/2021

Todo o alumnado que o solicitou praza foi admitido no listaxe provisional en cuarto de Educación Infantil. 

Quen quera consultar a listaxe poderá facelo no taboleiro do centro.

 

LISTAXES DEFINITIVAS

serán publicadas antes do 26 de xuño.

CENSO ELECTORAL PARA A VOTACIÓN DA XORNADA ÚNICA

A día de hoxe publícase a través do AMPA e do tablón de anuncios do noso centro a listaxe do censo electoral. Pedimos que se revise e que nos avisedes en caso de ter que modificar algo.

ÚLTIMO COMUNICADO OFICIAL

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31084

Neste comunicado prepárase a comunidade educativa para “unha nova normalidade” dentro destas circunstancias extraordinarias. 

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

A Consellería fixo un comunicado oficial no DOG do 19 de maio para o fondo solidario e as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o alumnado de Educación Primaria. 

As solicitudes poderán facerse do 20 de maio ao 19 de xuño de forma presencial no centro (preferiblemente con cita) ou pola sede electrónica da Xunta dende a aplicación Fondolibros.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31065

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200519/AnuncioG0534-120520-0...

OFERTA DO CONCELLO DE SANTA COMBA

O Concello de Santa Comba, tendo en conta as dificultades de moitas familias para poder conectarse as clases virtuais e poder seguir adiante con ditas clases e acceder ós materiais educativos, pon a disposición de todas as familias do noso Concello unha aula para poder facilitar a conexión a internet. 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

No día de hoxe celébrase as Letras Galegas homenaxeando ó autor ferrolán Ricardo Carballo (Carvalho) Calero. Este persoeiro, destaca principalmente no século XX pola súa dedicación e contribución ó estudo da lingua galega chegando á cátedra de Lingua e Literatura Galega e pola extensa bibliografía que deixou para a posteridade.

ÚLTIMO COMUNICADO OFICIAL

Según fontes oficiais estamos a espera dun protocolo sanitario para a apertura dis centros educativos. 

Non se ten prevista a volta aos centros do alumnado de Educación Infantil ni Educación Primaria.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31039

CÓMIC PARA PLÁSTICA

Distribuir contido


by Dr. Radut