Skip to Content

Novas secretaria

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2021/2022

ADMISIÓN ALUMNADO IES DE MOS

         Informámoslles que foi admitida a totalidade do alumnado que presentou solicitude de reserva de praza  no IES de Mos para o curso 2021/22.

          Recordarlles que todo o alumnado admitido terá que formalizar a matrícula nas datas que serán publicadas na páxina web do IES de Mos.

Ceip Plurilingüe Pena de Francia

ORDE DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación primaria

     As máscaras distribuiranse entre o alumnado incluído no ámbito desta orde pertencente a familias cunha renda per cápita igual ou inferior ao limiar de  6.000 €, que foi o limiar de referencia no curso 2020/21 para ter dereito á axuda para adquirir material escolar (Orde do 12 de maio de 2020; DOG núm. 96, do 9 de maio).

    Polo tanto, será beneficiario das máscaras, directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar, logo de solicitude e comprobación da renda per cápita da unidade familiar, e o resto do alumnado que non foi beneficiario por diferentes circunstancias, sempre que reúna o requisito de rendas e presente a solicitude en prazo.

     O prazo para presentar as solicitudes será de diez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ( Do 16 ao 27 de novembro)

NO ENLACE PODEN ACCEDER Á INFORMACIÓN COMPLETA DA CONVOCATORIA E TAMÉN AO ANEXO QUE DEBERÁN CUBRIR A TRAVÉS DA SEDE DA XUNTA .

Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG)

Anexos

 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR. CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

REUNIÓN COAS FAMILIAS

 

 

Preman na imaxe

ORGANIZACIÓN COMEZO DO CURSO

 
 
 
 
 
 
 
Prema na imaxe
 
Prema na imaxe

AVISO PARA O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2020/2021

RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN

NOVO PRAZO de presentación de solicitudes de admisión.

 

       Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

 

NOVOS PRAZOS DO PROCESO:

 

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020,
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

 

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 de xullo de 2020.

Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo de 2020.

 

A solicitude pódese facer de forma telemática premendo no seguinte enlace:

  Aplicación para a admisión do alumnado.

 

PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2020-2021.

 

 Os que entregaron a solicitude no prazo anterior non teñen que facer nada.

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: De 9:00 a 14:00 horas.

 

AVISO SOLICITUDES DE MATRÍCULA

INFÓRMASE QUE O PRAZO DE ENTREGA DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE MATRÍCULA AMPLÍASE ATA UNHA SEMANA DESPOIS DE QUE EMPECEN AS CLASES

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

Solicitude de Admisión curso 2020/2021

Prazo para a presentación de solicitudes

do 1 ao 20 de marzo

Aplicación para a xestión de solicitudes de admisión

Distribuir contido


by Dr. Radut