Skip to Content

PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2021-2022

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/2022

 

O prazo de presentación de solicitudes para o alumnado de novo ingreso é do   1 ao 22 de marzo, ambos os dous inclusive.

 

A solicitude deberá axustarse ao modelo normalizado ( modelo ED550B ).

Para presentala deberán seguir algunha das seguintes opcións:

  • Pode descargarse nesta páxina web e unha vez cuberta deben presentala na secretaría do centro.
  • Tamén poderán cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro, a través da aplicación "admisionalumnado"
  • Cubrir a solicitude informáticamente e asinala na Sede Electrónica. Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital

 Información importante:

  • Soamente se poderá formalizar unha única solicitude e se entregará no centro no que se solicita praza en primeiro lugar.
  • No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

 A solicitude de admisión debe ir acompañada da documentación seguinte:

  •  Copia do DNI do alumno/a ou fotocopia do libro de familia da  folla na que está inscrito/a  o alumno/a que se vai matricular.
  •  Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  •  No caso de alumnado procedente doutros centros precísase un certificado do colexio de procedencia.
  •  No caso de separación xudicial ou divorcio, o convenio regulador ou resolución xudicial (poderán entregala cando formalicen a matrícula)
  • Documentación complementaria (poderán entregala cando formalicen a matrícula).

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS :   Antes do 26 de abril

     LISTAXE  DEFINITIVA  DE ADMITIDOS : Antes do 18 de  maio

   PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA: Do 20 ao 30 de xuño

 

SERVICIOS COMPLEMENTARIOS

O colexio ofrece servicio complementario de comedor, transporte escolar e  aula de madrugadores.

 

Normativa reguladora do proceso de admisión:

Decreto 245/2012 de admisión de alumnado.

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión de alumnado.

Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a orde do 12 de marzo de 2013.

Orde do 18 de decembro de 2020.

AdxuntoTamaño
ED550B-G.pdf1.13 MB
ED550B-C.pdf1.13 MB
Vacantes curso 2021-2022 Ceip Plurilingüe Pena de Francia.pdf460.46 KB


page | by Dr. Radut