Skip to Content

ORDE DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación primaria

     As máscaras distribuiranse entre o alumnado incluído no ámbito desta orde pertencente a familias cunha renda per cápita igual ou inferior ao limiar de  6.000 €, que foi o limiar de referencia no curso 2020/21 para ter dereito á axuda para adquirir material escolar (Orde do 12 de maio de 2020; DOG núm. 96, do 9 de maio).

    Polo tanto, será beneficiario das máscaras, directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar, logo de solicitude e comprobación da renda per cápita da unidade familiar, e o resto do alumnado que non foi beneficiario por diferentes circunstancias, sempre que reúna o requisito de rendas e presente a solicitude en prazo.

     O prazo para presentar as solicitudes será de diez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ( Do 16 ao 27 de novembro)

NO ENLACE PODEN ACCEDER Á INFORMACIÓN COMPLETA DA CONVOCATORIA E TAMÉN AO ANEXO QUE DEBERÁN CUBRIR A TRAVÉS DA SEDE DA XUNTA .

Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG)

Anexos

 

 



page | by Dr. Radut