Skip to Content

FIN DE CURSO 2023

FIN DE CURSO de Angela Barbosa

LETRAS GALEGAS 2023

 

 

 

 

CONVOCATORIA AXUDA LIBROS DE TEXTO

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/24

Xa podedes solicitar as axudas para a adquisición de de libros de texto e material escolar para o curso23-24.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

- Destinado para o alumnado que no próximo curso estea matriculado en: 3º, 4º, e 6º de educación primaria. 

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

- Destinado para o alumnado que no próximo curso estea matriculado en: 1º e 2º de educación primaria. 

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

- Destinado ao alumnado matriculado en educación primaria. 

      As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de textos teñen a obriga de devolver os libros e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2022-2023. Deben estar en bo estado de conservación, de tal maneira que poidan ser reutilizados. Están excluídos desta obriga o alumnado beneficiario de axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de Educación Primaria, sempre que os libros ou o material adquirido non se poidan reutilizar. A falta de devolución dos libros de texto, sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2023/24.

      As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través da aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros).
     Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  

 Documentación a presentar

  • Anexo I e Anexo II.
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais mebros computables da unidade familiar. Importante en caso de separación ou divorcio hai que presentar a sentencia xudicial e/ou o convenio regulador da custodia.
  • Certificado de discapacidade, se fose o caso.

                                

Tedes de prazo dende o 20 de maio ata o 21 de xuño.

Se queres consultar a convocatoria. 

PREME AQUÍ

APLICACIÓN INFORMÁTICA FONDO LIBROS 

 

RECUNCHOS DE MOS

"O meu Recuncho favorito de Mos"

Dende o equipo de dinamización lingüística fixemos o proxecto "O meu recuncho favorito de Mos", traballámolo a través do servidor da escola con todos o alumnado.

A continuación mostrámosvos os recunchos favoritos do alumnado de 6º por ser o seu último ano no cole.

Agradecemos a todas as familias a implicación e o traballo realizado.

Moitisimas grazas!!!

 

Apadriñamento lector 2023

APADRIÑAMENTO LECTOR

Este ano celebramos o día do libro cun apadriñamento lector.

Aquí tedes unhamostra do quefoi a actividade.

Fixérono xenial!!!!

  

 

 

 

MAIOS 2023

Becas 2023-24

   BECAS

     Bos días familias dende o Departamento de Orientación informámosvos que o pasado 22 de febreiro publicouse o Real decreto 117/2023 explicando os tipos de becas e axudas que se ofertan para o vindeiro curso académico 2023/2024. É importante que leades as opcións que van ofertar para saber se podedes ser beneficiarios no momento dá convocatoria.

Deixámosvos o enlace.

PREME AQUÍ

RESERVA DE PRAZA NO IES DE MOS

 

RESERVA DE PRAZA NO IES DE MOS

     Comenza o proceso de reserva de praza en centro de adcrición, que no noso caso é o IES de Mos.

     O alumnado de 6º de Ed. Primaria que pretenda continuar estudos en dito IES, deberá    presentar a súa solicitude no noso centro.

     O prazo de presentación remata o 6 de febreiro.

 

Para máis información 

PREME AQUÍ

 

 

CLUB DE LECTURA

Prema na imaxe

 

 
 
 
 
 

 

 

 

ORGANIZACIÓN COMEZO DO CURSO 2021/2022

EDUCACIÓN INFANTIL

Prema na imaxe

Prema na imaxe

EDUCACIÓN PRIMARIA

Prema na imaxe

* Horario de saída de Educación Primaria ás 13:55 horas.

Os familiares do alumnado de 1º, 2º e 3º poden recollelos no patio da porta de emerxencia.

NOTA INFORMATIVA SOBRE O CAMBIO DE CATERING

Adxuntamos  nota informativa sobre o cambio dos servicvios comedor e madruga para este curso 2021/22

META RANQUIN

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022

       Dende hoxe está exposta no taboleiro de anuncios do colexio a listaxe definitiva de alumnos e alumnas admitidos  para o curso 2021/2022

           (Todos os que presentaron a solicitude en prazo están admitidos)

 

Prazo para a formalización da matrícula: do 20 ao 30  de xuño.

 

       No mes de xuño publicaremos na web a relación de documentación a presentar e tamén como se vai a levar a cabo o proceso.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut