Skip to Content

Admisión de alumnos

Admisión de alumnos

Publicadas as listaxes definitivas de solicitudes de admisión no taboleiro de anuncios do colexio.

 

Todas as solicitudes de admisión presentadas foron definitivamente admitidas.

 

As listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas pódese consultar polas familias de forma:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se poderá realizar por ningún outro medio físico de publicación.

b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais non se poderá realizar a través de ningún outro medio electrónico de publicación (exemplo: as listaxes en aberto na páxina web propia do centro educativo).

Listaxes provisionais: Publicadas antes do 25 de abril.

Listaxes definitivas: Publicadas antes do 15 de maio.

Curso 2021 - 2022

Presentación solicitude de admisión: 1 - 22 de marzo.

A solicitude será única e poderase presentar:

Preferentemente de forma electrónica a través da aplicación informática admisionalumnado https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

ou de forma presencial no centro educativo.   Modelo solicitude admisión (ED550B)

Lexislación e información:

Decreto 254/2012, do 13 de decembro: Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG)

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)

Corrección de erros. Orde do 12 de marzo de 2013

Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado

ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

Información e calendario admisión curso 2021/22

Normas xerais do centro

Áreas de influencia

Instrucións da Dirección Xeral de Centros proceso de admisión curso 2021/22

Anuncio sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado no curso 2021/22

Resolución do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2021/22.

As listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas poderán consultarse na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda Timbre) ou no propio centro. 

Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

Distribuir contido


by Dr. Radut