Estimadas familias: Benvidos ao espazo formativo do CEIP Otero Pedrayo.
Xa estamos en marcha no novo curso 2022-2023 e imos utilizar a nosa Aula Virtual para seguir aprendendo, compartir ideas e recursos e navegar pola rede Internet.
Utilizaremos os cursos da nosa aula para traballar tanto dende casa, como dende o cole. Neste espazo cada alumna/o poderá acceder as tarefas do seu curso.
Todo o alumnado accederá co seu usuario e contrasinal persoal.
Para acceder aos cursos deberedes:
1) Acceder ao bloque ACCESO situado arriba desta páxina á dereita.
2) Introducir nome de USUARIO e CONTRASINAL persoal recibido pola aplicación abalarMóbil.
Unha vez realizada a autenticación, xa podedes acceder aos vosos cursos deste espazo virtual.
Lembrade modificar o contrasinal no primeiro acceso
Nota: A continuación tedes en formato PDF un titorial para acceder e participar nos foros de cada curso.