Skip to Content

Transporte

Transporte escolar 2017-2018

Os dous autobuses que cobren as dúas rutas do centro contan con coidador/a, quen se encarga do orde e seguridade dos alumnos e alumnas dentro do autobús, así como nas subidas e baixadas do mesmo.

Os alumnos e alumnas baixan do transporte e son recollidos á saída dentro do recinto escolar, no patio do colexio, feito que minimiza os riscos que estes poidan correr.

O profesorado do Centro, organizado por quendas, encárgase de acompañar aos usuarios do transporte, tanto á entrada como á saída.

A instrución 9/2017 recolle unhas medidas a tomar en caso de que non exista ningún responsable na parada para recoller ao alumnado, feito que xa se lle comunicou ás familias para que actúen responsablemente.

 

Salientar a modificación da saída dos venres en xornada partida será, a partir deste ano,  ás 15:15 horas, despois da autorización de transporte e tamén da Inspección Educativa.

 

 

Ruta

Alumnado

Empresa

Trasalba

(OU 0015)

31

Augas de Incio

Bóveda

(OU 0016)

18

Augas de Incio

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut