Skip to Content

Complementarias

Apadriñamentos lectores no Día do libro

O pasado martes, 23 de abril, celebramos o Día do libro con diversas actividades, destacando os apadriñamentos lectores, nos que os maiores contaban aos máis pequenos distintos contos seleccionados previamente da nosa biblioteca.

Clicar na imaxe para ver as fotos.

Torneo comarcal de minibalonmán 2019

O pasado mércores participamos no torneo comarcal de minibalonmán, no que obtivemos un meritorio 4º posto, cunha gran actuación das nosas rapazas e rapaces. Parabéns a tod@s!! Clica na imaxe para ver as fotos.

Xornada de educación vial - 2019

Onte, mércores 20 de marzo, visitounos persoal da Xefatura Provincial de Tráfico para seguir a traballar a educación vial do alumnado do centro. Tivemos charlas para todos os cursos, montamos nun furgón da Garda Civil de Tráfico, fixemos o circuito que nos preparou Protección Civil... e ata pasamos un control de alcolemia!

Contacontos pola igualdade

Hoxe o alumnado de infantil e 1º ciclo de primaria puido disfrutar dunha sesión de contos para aprender a rachar cos estereotipos sexistas.

Agradecemos ao CIM de Sta. Águeda a iniciativa para realizar no noso centro esta divertida actividade en prol da igualdade.

Reciclando aparellos electrónicos cos Bolechas

Hoxe xoves, 7 de marzo, tivemos unha charla cun científico moi simpático e amigo dos Bolechas. Falounos de como debemos facer para reciclar os RAEE (residuos de aparellos eléctricos e electrónicos). Foi moi divertido, e ata bailamos e rapeamos!!

Charlas sobre: violencia machista e riscos de internet.

Neste mes de decembro, o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu, un ano máis, dúas charlas impartidas pola Garda Civil, dentro do Plan Director do Ministerio do Interior, no que o centro se inscribe cada ano. Esta vez tocou aprender máis sobre violencia machista e tamén sobre os riscos de internet.

Simulacro de incendio!!

Hoxe venres 26 de outubro, realizamos un simulacro de incendio no colexio. Aprendimos un montón, e foi moi emocionante, con fume e todo!! E despois pasámolo en grande vestíndonos de bombeiro, montando na ambulancia, facendo soar as sirenas, falando polos intercomunicadores ("walkie talkies"), e ata facendo funcionar a mangueira!!

O centro agradece a colaboración e a paciencia de todos os participantes neste simulacro:

  • Protección Civil de Amoeiro.
  • Protección Civil de Carballiño.
  • Garda Civil do posto de Tamallancos.
  • Ambulancias "As Burgas".
  • E en especial a Elías Hermelo, como coordinador do operativo.

Podedes ver todas fotos clicando na imaxe:

Actos de fin de curso 2017-18

 Carrusel de emocións, bágoas e despedidas nos actos de fin de curso... :

  1. Karaoke en inglés.
  2. Baile de 5º de EP.
  3. Baile de 6º de EP.
  4. Cancións de despedida.
  5. Graduación de 6º de infantil.
  6. Entrega de orlas ao alumnado de 6º de primaria.
  7. Discurso de fin de curso do alumnado de 6º.
  8. Vídeo resumo do curso 17-18.

Todas as fotos clicando na imaxe:

5º e 6º practican primeiros auxilios.

No penúltimo día deste curso 2017-18 contamos de novo coa presenza de Sara e máis Elías para impartir unha práctica de primeiros auxilios ao alumnado de 5º e 6º de primaria. Agradecémoslles unha vez máis a súa colaboración e contamos con eles para vindeiras ocasións.

Sesión de contacontos para infantil con NATI NATILLAS

O pasado 25 de maio , o alumnado de infantil puido disfrutar coa fantástica contacontos NATI NATILLAS, que nos presentou o libro "Historia de una lata". Gustounos moito, e agardamos repetir para o vindeiro curso!!

Distribuir contido


by Dr. Radut