Skip to Content

Educación física

1ª xornada de campo a través 2019

Gran xornada deportiva a pesares do frío que nos acompañou no Puzo do Lago o pasado mércores, 4 de decembro.

Parabéns a tódolos participantes, en especial aos do noso cole, que ademais da excelente actitude, lograron destacadas actuacións, e ata conseguiron 4 medallas (Pablo Díaz, Mario, Borja e Lara Vquez.) !

Acceso ás fotos clicando na imaxe.

Xogando ao atletismo Sportur 2019

O xoves 14 de novembro, participamos na competición de atletismo celebrada en Expourense con motivo da Feira Sportur 2019. Participamos con 2 equipos benxamíns e 2 alevíns. Competimos nunhas magníficas instalacións e pasámolo en grande xunto con moitos outros colexios da nosa comarca e tamén da do Ribeiro.

Os nosos atletas tiveron actuacións moi destacadas, tanto a nivel individual como por equipos. Podedes ver aquí as fotos do evento.

Magosto 2019

O pasado venres, 8 de novembro, celebramos a tradicional festa do Magosto con... :

  • Manualidades relacionadas co outono.
  • Carreira pedestre do San Martiño.
  • Xogos populares con froitos do outono.
  • Menú a base de chourizos e castañas.

Podedes ver todas as fotos picando na imaxe.

Día do hóckey

Hoxe luns celebramos o Día do hóckey cunhas clases maxistrais de Yaseen, ex-xogador profesional, olímpico en Barcelona'92 coa selección nacional de Pakistán, e actualmente entrenador do Clube de hóckey Cidade de Ourense.

De 1º a 6º de primaria, aprendimos os fundamentos básicos deste deporte e divertímonos moito!

Xogando ao atletismo 2019

O pasado mércores, 8 de maio, participamos na competición comarcal de atletismo en Carballiño. Disfrutamos dunha gran xornada deportiva na que o pasamos estupendamente, e ademais acadamos uns excelentes resultados nas 2 categorías a pesares de competir con colexios con moito máis alumnado:

Categoría benxamín:  4º posto por equipos empatados co 3º, con actuacións destacadas de Aitana, campiona en multisaltos; Leire, 3ª clasificada en lanzamento de peso;  e Pablo Díaz, 2º clasificado en salto de lonxitude.

Categoría alevín: campións por equipos (1º posto); con actuacións destacadas de Marta e Paula (campiona e subcampiona en salto de lonxitude); Adriana e Saray (2ª e 4ª en lanzamento de peso); Cíes e Hugo (3ª e 5º en lanzamento de xavelina)...

Ademais, Antía, Irene e Raúl prestáronse voluntarios para colaborar no control de puntuación das probas, e realizaron con solvencia as tarefas encomendadas.

Parabéns a todos eles!!

Clicade na imaxe para ver as fotos.

Convivencia de fútbol 7 en Cenlle.

O xoves, 2 de abril, participamos nunha convivencia de fútbol cos colexios de Maside, Cambeo e Cenlle. Distrutamos dun gran día de sol, deporte e convivencia, con remate final en forma de xantar campestre na área termal de Cenlle, a cuxo concello agradecemos a colaboración para ceder as instalacións e adquirir os trofeos do evento.

Torneo comarcal de minibalonmán 2019

O pasado mércores participamos no torneo comarcal de minibalonmán, no que obtivemos un meritorio 4º posto, cunha gran actuación das nosas rapazas e rapaces. Parabéns a tod@s!! Clica na imaxe para ver as fotos.

Fase comarcal de campo a través - 2019

O pasado mércores 16 de xaneiro disputouse a final comarcal de campo a través, cun novo éxito de participación e con destacadas actuacións das nosas atletas.

Así, ademáis das medallas obtidas por Paula e Marta, o equipo alevín feminino (4º e 5º de primaria), quedou campión comarcal e clasifícase para o campionato provincial.

Tamén Pablo Díaz e Cíes Valentín clasificáronse individualmente para o provincial ao meterse entre os oito primeiros clasificados da súa categoría.

Parabéns a todos eles!!

O álbum de fotos está dispoñible picando na imaxe.

San Martiño 2018 en Ourense

Orgullosos das nosas e dos nosos atletas, cos que hoxe disfrutamos dunha estupenda xornada deportiva en Ourense na carreira do San Martiño.

Podedes ver as fotos clicando na imaxe.

5º e 6º practican primeiros auxilios.

No penúltimo día deste curso 2017-18 contamos de novo coa presenza de Sara e máis Elías para impartir unha práctica de primeiros auxilios ao alumnado de 5º e 6º de primaria. Agradecémoslles unha vez máis a súa colaboración e contamos con eles para vindeiras ocasións.

Distribuir contido


by Dr. Radut