Skip to Content

Deportes

VÍDEO da actividade "Xogando ao atletismo_2018"

Aquí tedes o vídeo que elaboraron os profes do Cole de Cea da actividade de atletismo que tivemos este mes. Agradecementos e parabéns aos compañeiros de Cea por este fantástico vídeo.

Xogando ao atletismo_2018

O martes 22 de maio, participamos no Campionato comarcal da actividade "Xogando ao atletismo", na que os nosos alumnos e alumnas disfrutaron dun espectacular día de sana competición interescolar.

Tivemos actuacións moi destacadas, especialmente en salto horzontal e relevos con valos. Ademais, na clasificación xeral, quedamos quintos en categoría benxamín e terceiros en alevín. Parabéns a tod@s!!

Accede ás fotos clicando na imaxe.

Final comarcal de campo a través_2017-18

Fotos da final de campo a través clicando na imaxe:

TORNEO COMARCAL DE MINIBALONMÁN (maio-2017)

Xogando ao atletismo 2017

O xoves 25 de maio participamos na competición de atletismo infantil da comarca do Arenteiro, que se celebrou no polideportivo de Cea, onde pasamos unha bonita mañá de deporte e convivencia.

Pasámolo xenial, e conseguimos o 1º posto en alevíns e o 2º en benxamíns. Parabéns a todos os participantes, e en particular aos nosos alumnos polo seu bo comportamento, o seu esforzo e o gran resultado que obtiveron.

Aquí podedes ver as fotos e tamén un vídeo-resumo da actividade.

 

Xornadas de XOGOS POPULARES 2017

Fotos das xornadas de xogos populares que solicitamos este curso ao Centro Cultural Xaquín Lorenzo Xocas da Deputación de Ourense.

DEPORTE ESCOLAR

 

 

OS NOSOS NENOS E NENAS DO EQUIPO DE BALONMÁN ACADARON O 2º POSTO NA VIII EDICIÓN

DO TORNEO DE BALONMÁN DE CARBALLIÑO QUE SE CELEBROU O PASADO 17 DE ABRIL NO PAVILLÓN

DO PACO CHAO E NO QUE PARTICIPARON OS CEIP DE CEA, BOBORÁS, O IRIXO, O VILA DE ARENTEIRO

E O NOSO CENTRO.

 

Temos que felicitar a tódolos nenos e nenas que participaron o sábado día 2 de febreiro no Campionato Provincial de Campo aTravés do Deporte Escolar e moi especialmente a Diego por traernos ese ouro para Amoeiro 

 

 

 

 

CAMPEONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVES

O sábado día 2 de febreiro terá lugar a Proba Final Provincial no circuito do complexo deportivo de Monterrey, os dous mellores equipos das categorías Alevín, Infantil e Cadete clasificaranse para desputar a Fase Galega e ademáis os/as oito primeiros/as atletas de cada categoría tamén se clasificarán.

Os horarios, as distancias e o percorrido podedes velo no seguinte cadro:

 

HORA

CATEGORÍA

SEXO

DISTANCIA

PERCORRIDO

11.00

CADETE

Feminino

2.800 aprox.

2 voltas grandes

11.25

CADETE

Masculino

4.100 aprox.

3 voltas grandes

11.50

ALEVIN

Feminino

1.400 aprox.

2 voltas pequenas

12.05

BENXAMÍN

Feminino

800 aprox.

1 volta pequena

12.20

BENXAMÍN

Masculino

800 aprox.

1 volta pequena

12.35

ALEVIN

Masculino

2.000 aprox.

1 volta pequena+1  grande

12.50

INFANTIL

Feminino

2.000 aprox.

1 volta pequena+1  grande

13.10

INFANTIL

Masculino

2.400 aprox.

1 volta mediana+1 grande

13.30

ENTREGA DE PREMIOS

 

 

A continuación podedes ver o circuito e como son as voltas:

 


*

Distribuir contido


by Dr. Radut