Skip to Content

Axuda libros de texto para o curso 2020-2021

 

Orde do 12 de maio de 2020 regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria para o curso escolar 2020/21.

Este curso só recibirá vales de axuda para libros de texto o alumnado de 1 º e 2º de Ed. Primaria.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria terá que solicitar libros dos que existan nos fondos do colexio.

Poderanse presentar por vía telemática ou cubrindo o impreso e entregándoo no centro educativo. Si se acode ao centro levarase mascarilla e luvas, intentando gardar a distancia de seguridade.

O prazo para a presentación das solicitudes será ata o 19 de xuño ( este incluído).

Documentación a achegar:

- DNI: Achegarase copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando NON autoricen a consulta telemática.

- Copia do libro de familia, no que figuren os membros da unidade familiar.

- Grao de discapacidade: Certificado acreditativo do grao de discapacidade emitido polo órgano competente.

- No caso de situación de violencia de xénero na contorna familiar: documentación acreditativa. 

- Renda familiar: Cando NON autoricen a consulta de forma telemática, achegarase copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas, ou na falta desta, o certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante.

SOAMENTE se cubrirá unha solicitude por familia si o alumnado está no mesmo centro.

 Si se fai vía electrónica será necesaria unha solicitude por alumno/a.

Tanto as listaxes provisionais (principios de xullo) como as listaxes definitivas publicarande no taboleiro do centro, avisando ás familias polo Abalar Móbil.

O reparto dos libros de texto realizarase no mes de SETEMBRO.

 



page | by Dr. Radut