Skip to Content

DÍA DO LIBRO

 

Hoxe, xoves, 23 de abril celébrase O DÍA MUNDIAL DO LIBRO.

Nesta época de confinamento que estamos vivindo, os libros poden ser un dos nosos grandes aliados para facer máis levadeiro o noso día a dia.

Un libro ábrenos ventás ao mundo; sen saír da nosa casa podemos visitar moitos lugares, aprender diferentes materias, coñecer a vida de fantásticas persoas, facer experimentos, cantar cancións, recitar poesía, contar historias, contos e adiviñas…; pero o máis importante é que espertan a nosa imaxinación e a nosa curiosidade.

 

Dende o Equipo da Biblioteca Escolar queremos facervos partícipes desta celebración axudándovos a ter acceso a diferentes libros. A continuación recomendámosvos unha serie de editoriais que poñen a vosa disposición unha gran variedade de libros que podedes descargar de xeito gratuito e disfrutar coa lectura.

      BAÍA EDICIÓNS: ACCESO A CONTOS DE DIFERENTES IDADES

https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/

·  KALANDRAKA: PÁXINA CON CONTOS, VÍDEOS MUSICAIS, CONTOS CONTADOS…

http://www.kalandraka.tv/gl/

·  GUINDASTRE EDICIÓNS: A XANELA DO MAXÍN OFRECE UN VÍDEO COMPLETO DO CONTO: " A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA" 

https://www.youtube.com/watch?v=ZPzYVO5Jx9Y

·   AIRA: PODEDES DESCARGAR O CÓMIC “CARRIANDOLA” TANTO EN GALEGO COMO EN CASTELÁN E TAMÉN EN INGLÉS.

https://airaeditorial.gal/noticias/le-de-balde-novo-comic-carriandola/

·      DESCARGA DE XORNAIS O PAPAGAIO

http://www.edicionsmoitoconto.com/2018/10/o-papagaio-dixital.html

 

·         ACTIVIDADE: FOTOS LENDO

Por outra banda, gustaríanos que nos mandásedes fotos lendo. Todos os anos no colexio organizabamos o apadriñamento lector (os maiores líanlle aos pequenos). Podedes facer algo parecido na casa: que os nenos/as de 3º a 6º lle lean un conto aos máis pequenos ou á xente maior que viva con eles ou vós mesmos contádelle un conto aos vosos rapaces. Con todas as fotos faríamos un vÍdeo.

Animádevos a mandar a vosa foto (de ser posbile que se vexa o título do libro) a patricialopezpena@gmail.com. Tendes ata o 8 de maio para mandalas. Moitas grazas pola colaboración!  Lembrade...

UN LIBRO, UN AMIGO.

 

 

Sementando leitugas

Sementando leitugas.

Irene, Paula e Yago, de 6º curso, gravaron este titorial para o cultivo da leituga, como parte dun traballo de Ciencias Naturais no que tiñan que elaborar unha guía para sementar diferentes hortalizas.

Tempo de emocións- Departamento de Orientación

O Departamento de Orientación propón diversas actividades para facer en familia, así como consellos e contos que vos poden axudar a traballar as emocións cos vosos fillos/as. Podedes acceder á información clicando nos adxuntos.

Saúdos!

Titorial en vídeo para sementar tomates.

Marta, Hugo e Mateo, de 6º curso, gravaron este titorial para o cultivo do tomate na primeira semana de marzo deste ano, como parte dun traballo de Ciencias Naturais no que tiñan que elaborar unha guía para sementar diferentes hortalizas.

Blog de Educación Infantil

Ola a todos/as!

As titoras de Educación Infantil crearon o seguinte blog para que o seu alumnado poida realizar diferentes actividades. A ligazón para acceder a el é o seguinte:

Os nosos raios de sol

 

Se tedes calquera dúbida podedes comunicarvos coas titoras a través dos seus  correos electrónicos:

- Profe Mónica: monica.gonzalez@edu.xunta.gal

- Profe Marga: margaritaalvarez@edu.xunta.gal

 

 AVISO IMPORTANTE!

Para imprimir as fichas podedes enviar un correo electrónico ao concello de Amoeiro: concello.amoeiro@eidolocal.es

Nese correo deberedes enviar un adxunto coas fichas que queredes que se vos impriman (compatible  con office, libre office ou PDF). Así mesmo, deberedes indicar o NOME, APELIDOS, TELÉFONO E ENDEREZO. No momento de que estean impresas farásevos chegar.

 

Saúdos de todo o profesorado do centro. Moito ánimo!!!

Batucada de Entroido 2020

Vídeo da batucada de Entroido deste ano.

Actividades de infantil para a Pascua

As mestras de infantil, Mónica e Marga, propoñen para o seu alumnado diferentes manualidades que podedes facer nesta semana Santa.

Coa axuda de mamá e papá poderedes buscar en internet o conto: "Viaxe ao reino das emocións" na que poderedes lembrar a historia do pequeno dragón Draco e o seu amigo Durco, cantar a canción e memorizala. Tedes toda esta información no adxunto da parte inferior.

Por outra banda,o profe de música, Miguel Ángel, recoméndavos este concerto ben marchoso. Gozade del!

 

Concerto Punkinfantil

 

Ánimo! Xa queda menos! Boa semana Santa a todos/as!!!!

 

Actividades de inglés

 

Cada semana a profe Patricia colga actividades no seu blog, por favor, intentade revisalo para ver se o alumnado ten tarefas pendientes.

 

www.englishamoeiro.blogspot.com

 

 

Lembrade:#quedanacasa

Axudas comedor escolar

A Consellería acaba de publicar unha Orde de axudas para as familias que sexan beneficiarios de comedor escolar (gratuítos, é dicir que NON paguen o comedor escolar; ou semigratuítos, que soamente aboen 1€). As familias que paguen 2,5€ ou 4,5€ non terán dereito a esta axuda. (Orde 27 de marzo de 2020). 

O prazo para presentar dita solicitude é do 31 de marzo ao 6 de abril, ambos os dous incluídos. 

Para tramitar esta axuda deberedes acceder a este enlace:

https://sede.xunta.gal

Para máis información podedes premer aquí.

Aquelas familias que xustificadamente acrediten dificultade para realizar a solicitude, poderán solicitar axuda ao centro, ben mediante chamada telefónica ou por correo electrónico:

 Teléfono: 988 788 990  (en horario de 10:00 a 13:00 horas, dende o día 31de marzo ata o 6 de abril)

 Correo electrónicoceip.pedraio. amoeiro@edu.xunta.gal

 

No caso de solicitar axuda ao centro deberán aportar a seguinte información:

  • DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (indicar o número, NON enviar copia)
  • Nome do titor /titora ou representante legal, así como nome, apelidos e curso do fillo ou filla.
  • Número de conta bancaria onde desexen recibir esta axuda (repasar ben os díxitos da conta bancaria para que non falte ningún número).

No correo soamente se escribirán os datos que se solicitan. NON enviar copia ou escaneos nin do DNI nin de libretas de aforro.

O prazo establecido para a presentación das solicitudes rematará o día 6 de abril.

O equipo directivo.

 

 

Amoeiro, a 30 de marzo de 2020.

 

Os nenos queremos a paz - Día da Paz 2020

Vídeo da canción "Os nenos queremos a paz", que prepararon e interpretaron o alumnado do cole xunto con Miguel Ángel, mestre de Música.
Resulta curioso como a letra se adapta bastante á situación excepcional que estamos a vivir actualmente.
Ogallá moi pronto poidamos volver a vivir momentos coma este do pasado mes de xaneiro.
Ánimo e forza para todos!
#euquedonacasa #todosairáben
 

Distribuir contido


by Dr. Radut