Skip to Content

Reunións dos titores/as coas familias

 

Datas de reunións coas familias:

É importante que asista SOAMENTE un familiar por alumno/a e o uso obrigatorio de máscara. As familias non poderán traer aos seus fillos/as.

- 7 de setembro:

  • 10:30- reunión de 4º de Educación Infantil.
  • 11:30- reunión 5º de Educación Infantil.
  • 12:30- reunión de 6º de Educación Infantil.

- 8 de setembro:

  • 10:30- reunión de 1º de Educación Primaria.
  • 11:00- reunión de 5º de  Educación Primaria.
  • 11:30- reunión 2º de Educación Primaria.
  • 12.30- reunión de 3º de Educación Primaria.

- 9 de setembro:

  • 10.30- reunión de 4º de Educación Primaria.
  • 12:30- reunión de 6º de Educación Primaria.

Grafiti 6º curso

O día 1 de xullo realizouse, por iniciativa da ANPA do cole, un grafiti a xeito de despedida do alumnado de sexto curso. O grafiteiro encargado foi "Dusem", que explicou aos rapaces a arte do grafiti e recibiu ideas para o debuxo final. O lema escollido era unha frase moi repetida polo profe Xan ("Os nenos, o noso maior tesouro").

Ao rematar o grafiti, tamén puideron practicar eles mesmos cos sprais en cartóns.

Con esa actividade puxemos fin a este curso escolar tan raro e diferente, coa esperanza de que o seguinte sexa mellor.

Bo verán a tod@s!

Publicación da listaxe definitiva

Comunicamos que xa está publicada a listaxe definitiva de adxudicación do fondo libros. Podedes consultar as listas no centro ou ben, directamente na aplicación Fondo de Libros mediante a Chave 365 ou con certificado dixital.

A entrega de libros farase no mes de setembro.

Publicación da listaxe provisional

Pola Lei Orgánica 3/2018, de 5 de diciembre, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais e polo Protocolo de Protección de Datos da Xunta de Galicia, non poden ser publicadas as listaxes na web. Só consultalas no centro ou ben, directamente na aplicación Fondo de Libros mediante a Chave 365 ou con certificado dixital.

Prazo de reclamacións: 7-9 de xullo

Listaxes definitivas: 10 de xullo.

A entrega dos libros de texto farase no mes de setembro.

Documentación para a matrícula 2020-2021

Do 1 ao 10 de xullo ábrese o prazo para matricular ao alumnado novo para este centro. A documentación que se precisa está no documento adxunto.

 

Solicitude colaborador/a do comedor

AVISO:

Ábrese o prazo para ser colaborador/a do comedor para o vindeiro curso.

Lembrade que teñen prioridade os pais/nais que NON foron colaboradores/as neste curso.

Podedes descargar o impreso, cubrilo e envialo ao correo electrónico do centro:

ceip.pedraio.amoeiro@edu.xunta.es

A selección do persoal farase por ORDE de entrada das solicitudes, tendo preferencia as NOVAS ás antigas.

 

 

Solicitude praza de comedor

Adxúntase o anexo II para solicitar praza o vindeiro curso para o alumnado que así o desexe. Tedes que cubrilo, asinalo e entregalo no centro (buzón ) ou por correo electrónico: ceip.pedraio.amoeiro@edu.xunta.es

 

Libros de texto. Curso 2020-2021

Admisión alumnado curso 20-21

NOTA INFORMATIVA:

Finalizado o proceso de presentación  de solicitudes de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2020/2021, infórmase:

TODAS as solicitudes presentadas en prazo obtiveron praza no centro.

Así mesmo, as solicitudes presentadas fóra de prazo están admitidas pola Inspección Educativa.

O prazo para formalizar a matrícula é do 1 ao 10 de xullo.

Pilates para tod@s.

Últimas propostas de exercicio físico deste curso:

O pilates é similar ao ioga, pero máis activo, polo que cansa máis. É ideal se che gusta o ioga pero che parece demasido lento ou aburrido.
Probade a facer algún dos vídeos seleccionados. Aínda que o ideal é facelo con alguén, tamén se pode facer de xeito individual perfectamente.

E lembrade que se vos animades, podedes enviar fotos ou vídeo a un destes correos: buxaina@gmail.com   miguelbg@edu.xunta.es ou por whatsapp ao número: 683 25 26 76.

 Hai propostas para todas as idades:

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut