Skip to Content

Vídeos do Día da Paz 2021

Vídeos da celebración do Día da Paz 2021:

 

 

3º e 4º cantan "Non dubidaría", para o Día da Paz.

"Non dubidaría", interpretada no Día da Paz 2021 polo alumnado de 3º e 4º de primaria, baixo a batuta da profe Cris.

DÍA DA PAZ 2021

Fotos do Día da Paz, no que houbo cancións con voz en directo e bailes; todo preparado nas clases de Música polo alumnado coa axuda da profe Cris.Sorriso

 

Reserva de praza no centro adscrito

 

 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional iniciou o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa. O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Normativa de aplicación:

  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/anexo_i_g.pdf

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anexo_i_bis_g.pdf

 Para a reserva de praza no IES Julio Prieto Nespereira as familias deberán entregar o Anexo I xunto co DNI do alumno/a no noso centro e, de ser o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación. O prazo de entrega será do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.

Entrega de premios do I Concurso de contos terroríficos.

O derradeiro día do trimestre entregamos os premios do I Concurso de contos terroríficos celebrado no Samaín deste ano, e no que participaban os cursos de 5º e 6º de primaria.

Os gañadores foron Juan Bruno e Leire, de 5º curso. Parabéns para eles!!

Fotos da visita de Papá Noel

Fotos da visita de Papá Noel que pasou polo noso colexio grazas ás xestións da Anpa.

Xusto premio para o noso alumnado que tan ben está a levar este curso tan diferente.

BO NADAL!!

UN NADAL DIFERENTE

Un Nadal diferente.

Cris, a profe de Música, adaptou a letra da canción "De ellos apendí", de David Rees; e o alumnado do cole canta esta canción navideña para este Nadal 2020 tan diferente.

A falta de festival de Nadal, agardamos disfrutedes deste pequeno agasallo.

SAÚDE E BO NADAL A TOD@S !!!

Actividades no Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller.

Día contra a violencia machista.
Durante este día houbo cancións con voz en directo, bailes, manualidades, confección de murais temáticos, libro-fórum...
E aquí están todas as fotos.

Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller.

Na semana previa ao Día pola eliminación da violencia contra a muller, o alumnado de primaria interpretou "La puerta violeta". Así, guiados pola profe de Música (Cris), os propios alumn@s poñen a voz e tamén os xestos en linguaxe de signos, dando como resultado este fermoso videoclip.

Día non lectivo curso 2020-2021

Distribuir contido


by Dr. Radut