Skip to Content

Correlingua 2017

Fotos da actividade de fomento do galego realizada en Ourense no 3º trimestre do curso.

Xogando ao atletismo 2017

O xoves 25 de maio participamos na competición de atletismo infantil da comarca do Arenteiro, que se celebrou no polideportivo de Cea, onde pasamos unha bonita mañá de deporte e convivencia.

Pasámolo xenial, e conseguimos o 1º posto en alevíns e o 2º en benxamíns. Parabéns a todos os participantes, e en particular aos nosos alumnos polo seu bo comportamento, o seu esforzo e o gran resultado que obtiveron.

Aquí podedes ver as fotos e tamén un vídeo-resumo da actividade.

 

Fondo solidario, axudalibros e material escolar

Visita do alumnado de 6º ao IES Prieto Nespereira

O luns 22 de maio , o alumnado de 6º de primaria visitou o IES Julio Prieto Nespereira.

Alí puideron visitar as instalacións, coñecer a algúns dos profesores do ano que vén, tomar algo na cafetería, recibir información sobre a nova etapa, resolver dúbidas e reencontrarse cos seus compañeiros maiores que xa están estudando alí. Pincha na imaxe para ver todas as fotos da visita.

Día do libro 2017: "Mannequin challenge" + Bookselfie "O meu libro favorito"

Vídeo do bookselfie realizado con motivo do Día do libro...!!

 

Listaxe definitiva de admitidos. Curso 2017-2018

Obradoiro de xogos ao aire libre

Fotos do obradoiro de xogos ao aire libre organizado no derradeiro día do 2º trimestre.

Torneo de fútbol-sala 2017

En abril disputamos o torneo de fútbol-sala contra o colexio de Cambeo no polideportivo de Amoeiro.

Pasámolo moi ben e quedamos campións tanto en categoría benxamín como alevín.

Parabéns campións!!

Día da árbore e a auga 2017

Fai clic na foto para ver as fotos da celebración da Semana da árbore e a auga.

A Garda Civil fálanos das redes sociais

Charla da Garda Civil sobre os perigos de internet e as redes sociais.

Distribuir contido


by Dr. Radut