Skip to Content

Campo a través 2017 - (1ª xornada)

Gran xornada deportiva a pesares do intenso frío que nos acompañou no Puzo do Lago.

Parabéns a tódolos participantes do noso cole, que ademais da excelente actitude, lograron destacadas actuacións, e ata conseguiron 3 medallas!

Podedes ver as clasificacións na web da Agrupación Deportiva Arenteiro.

E as fotos clicando na imaxe.

Montamos un RESTAURANTE LITERARIO no cole!!

O Equipo de Dinamización Lingüística coordinou como actividade de animación á lectura, a  montaxe  dun restaurante literario, en colaboración co equipo de biblioteca. Un restaurante moi especial no que os distintos menús foron  elaborados e decorados polo alumnado a partir de parágrafos de libros relacionados coa comida ou a alimentación. Ata temos un riqúisimo menú do día!!

Accede ás fotos pinchando na imaxe.

Mirade os vídeos dos xogos do Magosto deste ano!

 Clic na imaxe para ver os vídeos.

Fomentando a corresponsabilidade.

O pasado venres 24 de novembro, en vísperas do Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero, os alumnos do CPI de Cambeo e os de 5º e 6º do noso centro, realizaron unha actividade coeducativa, co obxectivo de fomentar a corresponsabilidade nas tarefas domésticas, xa que son cousa de todos. Así puideron facer camas, limpar unha habitación, cociñar... e finalmente tomar un riquísimo aperitivo con canapés, pizza e cócteles saudables.

A actividade foi organizada polo CIM da Mancomunidade de Sta. Águeda, coa colaboración do IES de Vilamarín. Agradecementos a ambos pola organización deste tipo de actividades tan necesarias aínda hoxe. 

Accede ás fotos facendo clic na imaxe.

A CHAVE DO MUNDO (6º de primaria)

A partires do poema "A fala", de Manuel María, o alumnado de 6º de primaria fixo este recitado en grupo no patio do colexio.

Esta actividade enmárcase dentro da Área de Lingua Galega e das actividades organizadas polo Equipo de Normalización Lingüística.

MAGOSTO 2017

No Magosto 2017 tivemos a tradicional Carreira do San Martiño, xogos con castañas, xogos tradicionais, menú especial de magosto con bolos preñados, e por suposto, castañas. Pasámolo en grande!!

Clic nas medallas para ver as fotos... e tamén os vídeos!!

 

Samaín 2017

Aquí tedes as fotos das actividades que fixemos durante a semana do Samaín:

  • Exposición de arañas terroríficas.(Graciñas ás familias pola colaboración na elaboración das arañas, conseguindo unha exposición espectacular).
  • Exposición de libros de medo.
  • Sesión de cinema.
  • Xogos: "o ollo de vaso en vaso" e  "a busca dos tesouros".
  • Photocall de antifaces.

Picade na imaxe para acceder a todas as fotos.

Contos da terra, con Anxo Moure

A pasada semana, para celebrar a Semana das Bibliotecas, tivemos con nós a Anxo Moure, un contacontos que realizou dúas sesións, para que todo o alumnado puidese disfrutar dos contos para coidar a terra, e aprender a protexela, por exemplo, dos incendios forestais. E no recreo amosounos a súa bibliocicleta chea de contos para gozar durante o recreo. Que ben o pasamos!!

Pica na imaxe para ver todas as fotos.

PRIMEIROS DÍAS DO CURSO 2017-18

Vídeo coas imaxes dos primeiros días de curso...

INSTRUCIÓN RECOLLIDA ALUMNOS

Distribuir contido


by Dr. Radut