Skip to Content

XORNADAS DE XOGOS POPULARES 2018

Fotos das xornadas de xogos populares que tivemos no centro durante este mes, impartidas por Lito, do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo.

Nestas xornadas os nenos puideron aprender e difrutar con xogos e enredos tradicionais como a birolla, os bolos/birlos, xoguetes feitos con canas ou con material de refugallo...

 

ENTROIDO 2018

Todas as fotos clicando na imaxe.

DÍA DA PAZ 2018

Actividades realizadas (ver fotos clicando na imaxe de abaixo):

- Mural plurilingüe no que o alumnado expresou o que ve cando pensa na paz.

- Poemas pola paz (infantil).

- Bosque da paz: penduramos nas árbores do patio botellas con mensaxes e desexos de paz.

- Canción pola paz. (ver video).

- Recitado de poemas (infantil).

- Conto pola paz (4º curso EP).

RESULTADOS AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA

Final comarcal de campo a través_2017-18

Fotos da final de campo a través clicando na imaxe:

Vídeos - Festival de Nadal 2017.

Nas vindeiras semanas poderedes ir vendo aquí os vídeos do Festival de Nadal.

 

 

 

FESTIVAL DE NADAL 2017

Se facedes clic na imaxe poderedes ver as fotos do festival de Nadal deste ano 2017 que xa camiña con bastón. Unha vez máis, os nosos artistas demostraron do que son capaces. Agardamos que sexan do voso agrado e desexámosvos un moi feliz aninovo.

Tempo de Nadal

Neste mes de decembro, o cole vestiuse de Nadal...

Teatro contra o abuso infantil

Mirade as fotos e vídeos da saída realizada por parte do noso alumnado o martes 12 de decembro, ao Auditorio Municipal de Ourense para ver a obra Pum Pum, de Baobab Teatro.

Un espectáculo onde o guión trata un tema moi delicado (os abusos), e que ofrece diferentes lecturas, según quen o estea vendo: Para os pais/nais lánzase unha mensaxe, hai que estar atentos aos nosos/as fillos/as e sobre todo, transmitámoslles que ninguén pode facer nada sen o seu consentimento; para os/as  nenos/as, lanzamos unha mensaxe, non gardes un mal segredo, cóntao e pesará menos.

Despedindo á profe Eva.

Fotos da despedida da profe Eva clicando na imaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut