Skip to Content

Samaín 2019

O mércores 30 celebramos a Festa do Samaín. E ademais da espectacular exposición de castelos terroríficos durante toda a semana, o propio mércores tivesmo diversas actividades:

  • Obradoiro de maquillaxe/pintacaras.
  • Obradoiro de manualidades de Samaín.
  • Obradoiro de creación de marcapáxinas de medo.
  • Circuíto terrorífico no ximnasio.
  • Curtas de medo pola tarde.

Ademais, en cada obradoiro, cada grupo ía recollendo unha chave, co fin de atopar a correcta que servise para abrir o maletín no que os trasnos agocharan a chave do comedor...Guiño

Mochilas viaxeiras 2019-20

Comezamos xa coas mochilas viaxeiras deste curso...!! E así, cos contos de Pedro Brandariz e cas mochilas viaxeiras, damos por concluídos os actos de apertura da biblio e tamén a celebración do Día das Bibliotecas. Felices lecturas!!!

Contos pola igualdade con Pedro Brandariz

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS.

Hoxe mércores, 23 de outubro, realizamos o acto de apertura da biblioteca escolar, e para elo contamos coa presenza de Pedro Brandariz, coñecido humorista pola súa participación habitual en programas como Luar, da TVG.

Contou varias historias que tiñan como valor fundamental a igualdade de xénero, e algúns alumnos participaron como actores e actrices protagonistas de ditos contos. Pasárono estupendamente!!

Clica na imaxe para ver as fotos.

Día do hóckey

Hoxe luns celebramos o Día do hóckey cunhas clases maxistrais de Yaseen, ex-xogador profesional, olímpico en Barcelona'92 coa selección nacional de Pakistán, e actualmente entrenador do Clube de hóckey Cidade de Ourense.

De 1º a 6º de primaria, aprendimos os fundamentos básicos deste deporte e divertímonos moito!

Semana e Día Europeo do Deporte Escolar 2019

Actividades para celebrar a semana e o Día Europeo do Deporte Escolar:

Coreografía do tema "O esqueleto" do grupo Migallas.  de luns a venres pola mañá, antes de entrar a clase, nas filas, todos (de infantil a sexto) bailamos un tema que anima a moverse. Así, varias alumnas de sexto curso colócanse unha diante de cada fila para dirixir a coreografía previamente aprendida na clase de Ed. Física e elaborada polos propios alumnos.

Olimpiada tradicional: o venres 27, para celebrar o Día europeo do deporte, levamos a cabo unha serie de xogos tradicionais.

Baile de todo o colexio no patio. Como colofón desta semana deportiva, ao rematar a olimpiada tradicional, alumnado e profesorado bailamos ao ritmo da canción do esqueleto practicada durante toda a semana.

Sesión de fotos cos cartaces e os hashtag/etiquetas/cancelos alusivos a este día, e que foron elaborados durante as clases de plástica.

Aquí as fotos da Olimpiada Tradicional do día 27 e da sesión de fotos final cos hashtag correspondentes. (Picade na imaxe para ver as fotos. Máis abaixo tedes un vídeo resumo e ao final un vídeo da coreografía).

 

Vídeo resumo do Día Europeo do Deporte 2019. 

Vídeo da coreografía:

Braulio, dos Bolechas, veu a entrevistarnos!!!

O pasado martes, 24 de setembro, recibimos unha visita moi especial: Braulio, un dos irmáns Bolechas. Veu a gravar o seu programa Braulio Tuber, que se emitirá próximamente na TVG. Avisarémosvos cando se vaia a emitir.

Braulio entrevistou ao alumnado de 5º e 6º curso de primaria, e posteriormente saudou a todos no comedor... Foi moi divertido!

Primeiros días do curso 19-20

Comezamos novo curso e aquí van algunhas fotos deses primeiros días. Son as fotos que saíron no Xornal escolar da Región. 

Acollida temperá- Curso 2019-2020

AVISO:

 

Resultado de imagen de acollida tempera

A ANPA, en colaboración co concello de Amoeiro, oferta este ano no colexio o servizo de: "Acollida Temperá". Así, as familias que o necesiten, poderán deixar aos seus fillos/as antes do inicio das clases; concretamente de 8:00 a 10:00 da mañá (ou ata as 9:15 nos meses de setembro e xuño).

É importante que se consolide este servizo para fixar máis alumnado no centro e que as familias poidan conciliar mellor a súa vida familiar coa laboral.

Animádevos a usalo polo ben de todos/as!!!!

Calendario escolar 2019-2020

Reunión de Educación Infantil

A reunión de Educación Infantil coas titoras será o venres día 6 de setembro, ás 11:00 horas. Procurade ser puntuais.

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración!

Distribuir contido


by Dr. Radut