Skip to Content

Pupas, sustos e outros disgustos.

Hoxe tocoulles aos de 3º, 4º e 5º de primaria, aprender sobre primeiros auxilios coa axuda de técnicos de emerxencias sanitarias e persoal de enfermería do Sergas, dentro do programa "Pupas, sustos e outros disgustos". Aprenderon un montón!

Moitas grazas a Elías pola proposta e por xestionar a solicitude da actividade.

Autorización do día non lectivo

Agradecementos.

Xa pasou o Nadal, pero tiñamos pendentes un par de agradecementos:

- Por unha banda, ás familias pola gran colaboraación, unha vez máis, coa exposición de Nadal, que resultou espectacular, con renos de todo tipo, elaborados con todo tipo de materiais...

- E por outra banda, á Panadería Seco, pola saborosa bica coa que nos agasallou o derradeiro día de comedor antes das vacacións, para que degustáramos alumnado, profesorado, e persoal colaborador.

Que teñades un feliz 2020!!

 

Vídeos - Festival de Nadal 2019

Un ano máis celebramos o festival de Nadal no colexio con música, teatro, bailes, humor e acrobacias.

Só queda desexarvos a todos un FELIZ 2020 e que disfrutedes das actuacións destes pequenos grandes artistas que temos no cole:

1. Lara e Yago presentan e reflexionan sobre o vídeo contra a violencia machista.

2. "Canción de Benvida", presentada por Irene e Iria.

3. "Nadal na granxa", obra de teatro presentada por Irene e Iria, que inclúe as actuacións de 2º ciclo, 1º ciclo, infantil... , presentado tamén por Irene e Iria.

4. "Musa dos Ventos", canción instrumental presentada por Estela e Antía.

5. Playbacks de 5º e 6º de primaria, presentados tamén por Estela e Antía.

6. Acrosport "Star Wars" e despedida ata o ano que vén, presentado por Estela e Antía.

 

Nadal 2019

Xa podedes ver todas as fotos do Nadal 2019 no colexio de Amoeiro.

Boas festas a tod@s!! Sorriso

25N - MANS CONTRA A VIOLENCIA

Durante o mes de novembro realizamos varias actividades relacionadas co 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller:

  • Lectura e visionado de vídeos sobre varios contos coeducativos.
  • Murais e actvidades diversas a nivel de aula con eses libros.
  • Libro-fórum na biblioteca.
  • Mural colectivo: 25N - MANS CONTRA A VIOLENCIA.
  • Rap contra a violencia de xénero.
  • Elaboración dun vídeo resumo de todo o traballado:

Fotos:

https://photos.app.goo.gl/thgNhLHcnaWboqro8

1ª xornada de campo a través 2019

Gran xornada deportiva a pesares do frío que nos acompañou no Puzo do Lago o pasado mércores, 4 de decembro.

Parabéns a tódolos participantes, en especial aos do noso cole, que ademais da excelente actitude, lograron destacadas actuacións, e ata conseguiron 4 medallas (Pablo Díaz, Mario, Borja e Lara Vquez.) !

Acceso ás fotos clicando na imaxe.

Prácticas de primeiros auxilios

O pasado luns, 2 de decembro, contamos un ano máis coa presenza de Sara e Elías para instruir ao alumnado de 5º e 6º de primaria acerca dos primeiros auxilios, con especial fincapé na reanimación cardiopulmonar. Primeiro recibiron unha breve charla teórica e logo fixeron a parte práctica usando os bonecos e incluso aos propios compañeiros.

Dende o cole agradecemos de novo a Elías e Sara a súa presenza, colaboración, paciencia e bo facer cos nosos rapaces e rapazas. Ver fotos clicando na imaxe.

Xogando ao atletismo Sportur 2019

O xoves 14 de novembro, participamos na competición de atletismo celebrada en Expourense con motivo da Feira Sportur 2019. Participamos con 2 equipos benxamíns e 2 alevíns. Competimos nunhas magníficas instalacións e pasámolo en grande xunto con moitos outros colexios da nosa comarca e tamén da do Ribeiro.

Os nosos atletas tiveron actuacións moi destacadas, tanto a nivel individual como por equipos. Podedes ver aquí as fotos do evento.

Magosto 2019

O pasado venres, 8 de novembro, celebramos a tradicional festa do Magosto con... :

  • Manualidades relacionadas co outono.
  • Carreira pedestre do San Martiño.
  • Xogos populares con froitos do outono.
  • Menú a base de chourizos e castañas.

Podedes ver todas as fotos picando na imaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut