Skip to Content

Actividades relixión católica para educación infantil

A mestra de relixión proponvos os seguintes vídeos e unha canción para esta etapa:

- Parábola de la oveja perdida: https://www.youtube.com/watch?v=XjE4CIvGW-E

- El pastor y sus ovejas: https://www.youtube.com/watch?v=KSeXMmLfI-A

- El arca de Noé: https://www.youtube.com/watch?v=wgSGZwaU3TI

 

Recomendacións desde departamento de orientación

departamento de orientación propón diversas actividades e contos para facer máis levadeiro o Estado de alarma.

Espero que vos sexa de axuda. Moito ánimo e paciencia!

 

Actividades para o alumnado de educación infantil

As titoras de educación infantil diseñaron unha serie de actividades de cara ao alumnado mestres dure o estado de alarma.

1º.- Recomendacións educativas.

2º.- O conto de Rosa contra o coronavirus.

3º.- Actividades que teñen relación co conto para os distintos cursos de educación infantil.

 

Batucada de Entroido

O pasado venres puxemos o colofón ao Entroido do colexio cunha batucada polas rúas de Amoeiro...

Clica na imaxe par ver todas as fotos.

Día do amor e a amizade_2020

Na semana do 14 de febreiro celebramos o San Valentín como o Día do amor e a amizade con distintas actividades:

  • Mensaxes de amizade: todos escribiron e recibiron unha mensaxe positiva para un compañeiro do cole.
  • Muro da amizade: Construímos un muro coas palabras amor e amizade en diferentes idiomas.
  • Cartas de San Valentín: lemos unha escolma de cartas de amor/amizade de entre as que se presentaron ao concurso que se convocou para 5º e 6º de primaria.

Charlas sobre acoso e internet segura coa Garda Civil.

Como todos os anos, o centro solicitou as charlas da Garda Civil que ofrece o goberno dentro do Plan Director. Este ano tratouse de novo o tema do acoso escolar e os riscos de internet.

Obradoiro de xogos populares

O venres 7 de febreiro disfrutamos con Lito do obradoiro de xogos populares, que solicitamos, un ano máis, ao Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo. Ao longo da mañá participou todo o alumnado de primaria, practicando diferentes xogos e brincadeiras como a chave, a billarda ou os zancos.

ORDES DO MECO- 2020

LUNS, 17 DE FEBREIRO:

Se no cole de Amoeiro

hoxe ti queres entrar,

o pescozo de amarelo

has de engalanar.

MARTES, 18 DE FEBREIRO:

Coa túa imaxinación

pasiño a pasiño...

decora de cor de rosa

os teus peciños.

MÉRCORES, 19 DE FEBREIRO:

Se neste día te queres divertir,

pinta de vermello o teu nariz!

XOVES, 20 DE FEBREIRO:

Con moita firmeze e destreza,

viste de lila a túa cabeza.

VENRES, 21 DE FEBREIRO:

Todas estas cores para rematar,

vindo de PALLASO/A podes mesturar!!!

Ximcana da igualdade.

Esta semana realizamos unha ximcana da igualdade, na que os nenos/as participaron en diversas actividades lúdicas coas que aprenderon a traballar en equipo e sen diferenzas en función do xénero.

(Clicade na imaxe para ver as fotos.)

Día da Paz 2020

Fotos do Día da paz no que elaboramos un colorido tren, en cuxos vagóns o alumnado foi pegando as súas mensaxes de paz. Tamén cantamos entre todos unha fermosa canción que poderedes escoitar próximamente.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut