Skip to Content

Actividades para o alumnado de quinto de primaria

O titor de quinto de primaria propón para os seus alumnos/as unha serie de actividades para estes días, ciclade nos adxuntos para poder acceder. Ademais tedes diferentes ligazóns para traballar de maneira máis amena e lúdica os contidos no ordenador.

Tamén a mestra de ciencias naturais os suxire algunhas actividades.

Moito ánimo!!!

 

Outras recomendacións desde o departamento de orientación

A información que a continuación se expón vai dirixida ás familias coa finalidade de que lle poidades explicar aos vosos fillos/as o que está acontecer nestes días.  Nela aparecen unha serie de contos, así coma unhas recomendacións interesantes. 

Se precisades contactar co centro podedes facelo chamando ao teléfono:

988 788 990.

Lembrade: #quedanacasa.

Un saúdo de todo o profesorado e moito ánimo!

RECURSOS EDUCATIVOS POR TV

Aínda que somos conscientes de que nin internet, nin a tv poden substituír as clases presenciais na aula, seguiremos ofrecendo os recursos que vaiamos coñecendo para axudar ás familias durante esta situación tan excepcional que nos tocou vivir.

A partires de hoxe, hai unha programación especial por televisión con clases para nen@s.

Ata 12 anos en CLAN tv.
Para secundaria en La 2 de TVE.
Déixámosvos os horarios aquí.

APPS, WEBS E MOITAS ACTIVIDADES PARA NEN@S

Aquí tedes unha ligazón a un blog con múltiples recursos aproveitables para este tempo de confinamento.

http://entrenubesespeciales.blogspot.com/

Aí poderedes atopar:

  • información útil para familias;
  • apps e webs educativas;
  • ideas sensoriais;
  • 70 ideas fáciles para xogar con nenos na casa;
  • iniciativas culturais, festivais...;
  • actividade física, ioga, meditación...;
  • libros e xogos;
  • cadernos de actividades;
  • entre outras ideas para o lecer d@s nen@s e para divertirse en familia.

Máis xogos e actividades para nen@s de 1 a 5-6 anos

Achegamos hoxe un novo documento con xogos e actividades para nen@s ata 6 anos, compartido polo equipo de atención temperá de San Sebastián de os Reyes (Madrid).

Son actividades lúdicas, que ademais favorecen o desenvolvemento sensoriomotriz.

Actividades de Educación Física e Psicomotricidade (primaria e infantil)

Para levar mellor esta corentena faise imprescindible algo de exercicio físico diario. Por iso ofrecemos recopilacións de vídeos con exercicios e bailes para facer os nenos sós ou en familia:

Para infantil e 1ro ciclo de primaria

Juegos para hacer dentro de casa: https://youtu.be/9lyWs4UaInA

PSICOMOTRICIDAD FINA EN CASA FÁCIL: https://youtu.be/uhl7tCeJ8JY

15 actividades de psicomotricidad fina: https://youtu.be/9oHq-joy22w

 Para infantil e primaria

(tomada da web ayudaparamaestros.com).

- EXERCICIOS PARA NENOS -

1. Ejercicios para niños en casa - Rutina de cardio para compartir en familia.

2. Entrenamiento funcional para niños.

 
 
 
 
 
 
 

 

- IOGA PARA NENOS -

 

 

- ZUMBA -

14. Dance Monkey 1.

15. Dance Monkey 2.

16. Despacito.

17. Sweet But a Psycho.

18. Taylor Swift - "Shake it off”.

19. Rockabye.

20. Luis Fonsi "Calypso".

21. Álvaro Soler - "Sofía".

22. Shakira y Carlos Vives - "La Bicicleta".

23. BIP - "El Ventilador".

24. I like to move it.

25. Azukita.

26. Con Calma.

27. Minions Papaya Dance Remix.

28. Gangnam Style.

ACTIVIDADES PARA SEXTO DE PRIMARIA

Mentres dure a suspensión das clases, as tarefas para sexto de primaria serán subidas por cada un dos mestres á plataforma Google Classroom.

Á plataforma poden acceder, dende o pasado venres, tanto os alumnos de 6º como as súas familias.

As actividades serán variadas, iranse subindo progresivamente para non saturar ao alumnado nin ás familias, e incluirán:

  • Diario de confinamento.
  • Manexo da axenda
  • Investigacións
  • Experimentos
  • Resolución de enigmas
  • Redaccións
  • Receitas
  • Manualidades
  • Lecturas diversas
  • Técnicas de estudo (esquemas, resumos, organizadores gráficos...)
  • Tradución de cancións
  • Actividades interactivas
  • Tests e cuestionarios on line.
  • Iniciación con aplicacións para facer presentacións
  • Correos electrónicos
  • Comunicación a través da app de chat Hangouts
  • Podcasts
  • Actividades con procesadores de texto (Google Docs, LibreOficce)
  • Manexo de Drive
  • Mecanografía
  • Elaboración de coreografías
  • Rutinas de exercicio físico guiadas por vídeos
  • Retos motrices
  • Xogos e propostas lúdicas.

Todas as actividades resultan moi recomendables, e axudan a manter certas rutinas, pero de momento son de carácter voluntario.

Google Classroom pode usarse vía web ou ben a través da app dispoñible para Android e IOS.

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.google.android.apps.classroom&hl=es

https://apps.apple.com/mx/app/google-classroom/id924620788

Moito ánimo!

Actividades de música para educación primaria

O mestre de música suxírevos unha serie de cancións, actividades, xogos, danzas... para facer máis levadeira esta corentena. 

 

Actividades de inglés desde educación infantil a quinto de educación primaria

A mestra de inglés creou un blog no que podedes ir escollendo as actividades segundo o curso de cada alumno/a. Aquí vos deixo a dirección do blog, debedes copialo e pegalo no voso buscador (google):

 

www.englishamoeiro.blogspot.com

Cada semana a profe Patricia colga actividades no blog, por favor intentade revisalo para ver se o alumnado ten tarefas pendientes.

Actividades de relixión católica para 3º, 4º e 5º de educación primaria

Para estes cursos, a canción e os vídeos escollidos pola mestra son:

- Tiempo de resucitar: https://www.youtube.com/watch?v=ADrP1sKzTh0

- Conviértete: https://www.youtube.com/watch?v=-EKqxmqekoQ

- La historia de semana Santa: https://www.youtube.com/watch?v=B-GlcC2-Gfo

Despois de ver os vídeos e a canción deberedes realizar as seguintes fichas:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut