try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Pazos de Reis

EDLG Curso 2011-2012

Melloramos a competencia en lingua galega

Ao longo do curso fomos espallando actividades que, xunto co traballo de aula,  lle serviron ao alumnado para ir mellorando a competencia na comunicación en lingua galega. Neste vídeo resumimos a maior parte delas.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Xogo de pistas sobre Valentín Paz Andrade

Este ano o xogo de pistas levounos 2 días, empezamos o venres 18, tivemos que parar por mor da chuvia, e rematamos o luns 21.

 Este é o vídeo

sentímolo, flash non está dispoñible.

Ti es dos meus, a canción do proxecto "Un agasallo para o mundo"

Neste pequeno vídeo recóllense fragmentos das gravacións que a mestra de música fixo da interpretación do tema "Ti es dos meus" por todos e cada un dos cursos. 

sentímolo, flash non está dispoñible.

Entrevista a Aline Frazao

Aline Frazao tivo a xentileza de acceder a que o alumnado de 5º e 6º a entrevistase ao remate do tempo do obradoiro. Aquí neste vídeo ofrecémosvos a entrevista ao completo.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Obradoiro CACIMBO con Aline Frazao, para 3º e 4º

A cantante angolana Aline Frazao visitounos o mércores 21 de marzo e demostrounos que  é posible  entendérmonos nunha conversa a medias entre o galego e o portugués. Da man desta lingua, levounos a dar un paseo por países da África lusófona: Cabo Verde, Moçambique e Angola e houbo intercambio de cancións nas dúas linguas coma agasallo. 

sentímolo, flash non está dispoñible.

Obradoiro CACIMBO con Aline Frazao, para 5º e 6º

Aquí tamén houbo cancións e vídeos de Moçambique, Cabo Verde e Angola e, principalmente, nenos e nenas atentos e participativos

sentímolo, flash non está dispoñible.

O galego, unha lingua minoritaria?

Recomendamos este vídeo de Manuel N. Singala e Manuel Bermúdez, da USC, no que se nos convida a reflexionar con datos do uso do galego na actualidade: 


Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Ao longo deste mes de marzo estará aberto este salón;  a entrada ás exposicións e a moitas das actividades é de balde. 

RECOMENDAMOS unha visita. Alí pódese ler libros, ver e tocar os traballos realizados por alumnado de centros escolares de Pontevedra e bisbarra, asistir a algún espectáculo e, sobre todo, disfrutar dunhas horas extraordinarias cos libros. 

A edición deste ano adícase ás supersticións e crenzas populares. Aquí vos deixamos algunhas fotos e o enlace á web dende a que se pode descargar o programa en .pdf e ver todo o que ofrecen. 

 


             

                                        

Entroido 2012

Lectura do Testamento do Galo e Queima do Meco

sentímolo, flash non está dispoñible.

Entroido 2012

Repoñendo forzas despois do desfile

sentímolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido