try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Pazos de Reis

EDLG Páxinas que recomendamos

Dicionario da Real Academia Galega na web

Aquí enriba, nos enlaces de fondo negro da nosa páxina, tedes o enlace á web da RAG e ao seu dicionario electrónico dende o cal podedes consultar calquera palabra en lingua galega; coñecer o significado, ver exemplos de frases e mesmo oír a súa pronunciación; en definitiva, un moi bo recurso en liña!

Próbao!                    

Blogue NL Baixo Miño

Varios equipos de Normalización e Dinamización Lingüística de centros de ensino de Tui, Tomiño, A Guarda e O Rosal unímonos á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística formando a comarca do Baixo Miño. O blogue que nos serve de escaparate é este.

 

Radio Municipal de Tui

Xa se pode escoitar Radio Tui a través da internet.   Aquí tedes o enlace:                                               RMT

 

E recordade que dende aí emitimos semanalmente un programa de animación á lectura feito por alumnado de 5º e 6º das seguintes escolas: CEIP As Covas de Meaño (Pontevedra), CEIP Vicente Risco de Vigo, CEIP de Chancelas - Poio, CEIP Nº2 de Tui, e da nosa escola. É tódolos xoves ás 14:45 h. aproximadamente. 

 

Se non chegades a tempo de escoitalo ou vos apetece re-escoitalos, están todos os programas aquí nesta web; vai a "Biblioteca - Programa de lectura en Radio Tui". 

Lectura e radio en galego!

Galicia Encantada

Páxina chea de lendas tradicionais ambientadas nas nosas fragas, camiños, aldeas,... Ofrece maxia, esperta a imaxinación e convida a recuperar os contos dos maiores.

 http://www.galiciaencantada.com/

Orella Pendella

Unha páxina para aprender e recordar refráns, ditos populares, contos, cantigas, etc

http://www.orellapendella.org/

Distribuir contido