try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Pazos de Reis

EDLG Curso 2010-2011

Cóntame unha lenda, o libro viaxeiro

Presentámosvos un resumo dos libros viaxeiros de todos os niveis, dende Infantil ata 6º. Os orixinais están á disposición de familias e alumnado na biblioteca do centro. 

Tamén está alí un libro encadernado de forma profesional no que se recollen lendas de todos os libros.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Frases feitas, a riqueza dunha lingua

Nesta presentación ofrecémosvos un resumo das fichas elaboradas en 5º e 6º sobre frases feitas de uso frecuente en galego. 

As orixinais foron encadernadas e están recollidas nun libro que temos na biblioteca da escola.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Un curso con actividades tamén en galego

Aparte das actividades de lingua galega que se fan nas aulas, ao longo do curso houbo outras nas que participou e colaborou toda a comunidade escolar: alumnado, profesorado, familias e persoas convidadas que demostraron que en galego tamén é posible aprender e ensinar saberes.

Neste vídeo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega podedes ver un resumo. 


sentímolo, flash non está dispoñible.

Juancho Castaño, debuxante

Obradoiros de banda deseñada dos días 29 e 30 de marzo organizados polos Equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega

sentímolo, flash non está dispoñible.

Fran Alonso, o escritor, na nosa escola

O pasado día 11 de marzo visitounos o escritor Fran Alonso. 

Estivo co alumnado de 5º e 6º falándolles e léndolles  poesía.

Aquí tedes 2 vídeos desa xornada

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Traballamos coa banda deseñada

   Dentro das actividades organizadas conxuntamente polos equipos de biblioteca e dinamización da lingua galega, empezamos a traballar coa banda deseñada.

    A vindeira semana visitaranos Juancho Castaño para facer obradoiros cos nenos e nenas de Infantil e os ciclos 1º e 2º de Primaria.


Libro viaxeiro: Cóntame unha lenda

O libro viaxeiro do curso 2010 - 2011 xa se anda a mover de casa en casa.

Os nenos e nenas dos diferentes niveis educativos vano levando por turnos e, coa axuda das familias, van escribindo lendas e historias que saben os seus maiores.

 

Cada vez que o libro vén de volta á aula, lemos e comentamos as historias que escribiron e disfrutamos comentando as imaxes que acompañan a narración.

Ciencia en galego?

No seguinte enlace un grupo de científicos galegos, homes e mulleres de recoñecido prestixio e mestres das universidades galegas, contan cal é a súa relación coa lingua galega. 

Botádelle unha ollada; é moi interesante

 http://www.engalegotamensefaiciencia.eu/

 

 

Distribuir contido