try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Pazos de Reis

EDLG Curso 2009 - 2010

Homenaxes a Uxío Novoneyra

Ó longo deste mes de maio fomos repartindo as actividades adicadas ó escritor homenaxeado neste ano nas Letras Galegas. 

O xoves 20 fixemos un acto poético musical do que vos ofrecemos un vídeo. 

Actos das Letras Galegas 2010

Os días 10 e 11 de maio tivemos 2 obradoiros na escola dirixidos ó alumnado do 3º ciclo de Primaria, os dous relacionados con Uxío Novoneyra. 

Os nenos e nenas de 6º participaron no obradoiro de caligrafía. Esta é a crónica que eles mesmos escribiron:

" O pasado luns 10 de maio visitounos o ilustrador de orixe cubana Luis Enjamio para ensinarnos a escribir artisticamente, ou sexa, a facer caligramas.

Primeiro explicounos e ensinounos con  imaxes. Logo dividiunos en dous grupos e estivo dúas horas con cada un. 

A todos nos gustou moito a experiencia" 

Os  traballos resultantes deste obradoiro estiveron expostos na escola  e nos vindeiros días levaranos para as casas. 

 VER FOTOS

O outro obradoiro foi de  declamación  e foi conducido por Tino Baz. Esta é a crónica que fixeron os alumnos/as: 

O día 11 de maio veu Tino Baz á nosa escola, á aula de 5º de primaria.
Ensinounos a declamar poesías como facía Uxío Novoneyra e ademáis pasámolo moiben. Cada un recitou unha poesía e Tino Baz díxonos que o fixeramos moi ben eademáis… tocounos unha canción coa guitarra! Tocaba moi ben!! E non sabedescomo entoaba! tocounos unha peza dunha amiga súa.

TinoBaz é un cantautor galego. Naceu e vive na Guarda.

Aprendemos que declamar non é o mismo ca recitar.Tino díxonos que declamar é “Darllevida ás palabras”. E soa máis bonito ca cando só recitas!.

Celebración dos maios

O venres 7 de maio celebramos os maios.

Ó longo da mañá os nenos e nenas foron elaborando cadeas de carrabouxos e flores de pampullos nas aulas e, por turnos, fóronlle colocando ó maio o fiuncho, as flores e os adornos.

Nos días previos, o alumnado de 5º e 6º escribira coplas e ensaiara a posta en escea. 

 

 

Sobre as Letras Galegas

Preme neste enlace para acceder a información e actividades interesantes en liña sobre Uxío Novoneyra e as Letras Galegas.

 

http://www.coordinadoraendl.org/letras2010/uxio.php

Aprender sobre o Entroido

Esta é unha selección de páxinas web nas que podedes atopar información, manualidades, ideas para disfrazarse, etc.

Non deixedes de visitalas .



http://www.xunta.es/linguagalega/entroido

 

http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/

 

http://casadetolos.nireblog.com/post/2009/02/05/entroido

 

 

http://www.xente.mundo-r.com/norberto/recursos/entroido_e.htm

 

 

http://www.galespa.com.ar/entroido_culturagalega.htm

 

 

 

Vivir en galego

Neste enlace á páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia tedes -de momento- información moi interesante sobre cousas que podedes atopar en galego para a vida diaria: cine (infantil e para adultos), programas para o ordenador, etc.

  Só tedes que navegar pola páxina. Tamén podedes utilizar a pestana que está na parte superior desta nosa web, a que pon "Política Lingüística". Veña, animádevos a fuchicar; non imaxinades todo o que hai en galego!!

Sobre o "decreto do plurilingüismo"

Neste enlace pódese ler o documento das bases para a elaboración do decreto de plurilingüismo no ensino non universitario ( o máis coñecido coma "decreto do galego no ensino")

Premendo aquí atoparedes a valoración que facemos o claustro do CEIP de Pazos de Reis dese documento; aí analizamos o seu contido tendo en conta a realidade do día a día na aula  co alumnado de Infantil e Primaria. 

E Aquí tedes a valoración que sobre esas bases fai a RAG (Real Academia da Lingua Galega) 

 

 

Libro de xogos tradicionais

Esta semana empezamos nas aulas a traballar na elaboración do libro dos xogos tradicionais baixo o título: "Os xogos dos nosos pais e avós cando eran nenos".

Trátase dunha actividade na que colaborarán as familias escribindo xunto cos nenos e nenas sobre eses xogos xa case esquecidos (ou non), de cando os que hoxe son maiores eran nenos e nenas. Cada familia terá o seu turno para facer a súa páxina.

Elaborarase un libro por nivel que ó final pasará a formar parte da biblioteca da nosa escola.

Esta actividade ocupará boa parte do presente curso escolar.

 

III Xornada de Xogos Tradicionais Galego-portugueses

   Este xoves día 19 de novembro os nenos e nenas de 6º curso van participar na III Xornada de xogos  tradicionais Galego-Portugueses que se celebrará no CEIP Infante Felipe de Salvaterra. 

As outras escolas que participan son: CEIP de Randufe (Tui), CEIP de Caldelas (Tui), CEIP Humberto Juanes (Nigrán), CEIP Carlos Casares (Alxén, Salvaterra), EB 2-3 de Monçao, EB de Melgaço.

   Alumnado do 3º ciclo de Primaria compartirá esta mañá xogando a 13 xogos tradicionais diferentes , entre eles:  os zancos, as chapas, os aros, a petanca, a chave e a ra.

 

 

   Organiza a Asociación Ponte...nas ondas! xunto co CEIP Infante Felipe de Salvaterra e conta coa colaboración  do Concello de Salvaterra.

   Nuns días poderedes ver aquí imaxes desta xornada. Estade atentos/as. 

Distribuir contido