try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Pazos de Reis

Programa de lectura en Radio Tui

Programas de recomendación de libros na Radio Municipal de Tui

O xoves día 8 de novembro emitiremos o primeiro programa do

 curso de recomendación de libros, feito por alumnado de 6º de Primaria da nosa escola. 

 Será ás 11:30h e haberá unha repetición ás 14:00h. Ademais poderase escoitar tamén pola internet, seguindo este enlace.

 Nesta experiencia participarán  as mesmas escolas do curso pasado: CEIP As Covas (Meaño), CEIP Chancelas (Poio), CEIP Vicente Risco (Vigo) e CEIP Nº2 (Tui) 

PROGRAMA DE LECTURA EN RADIO TUI: DESPEDIDA DO CURSO

Neste programa, emitido o xoves 7 de xuño, participan as 5 escolas que fixeron programas ao longo do curso.


14:27 minutes (8 MB)

PROGRAMA DE LECTURA EN RADIO TUI "O TESOURO DO BARCO FANTASMA" - CEIP Nº2 TUI

Programa emitido o xoves 24 de maio.

Nico e Marga viaxan a Lisboa para pasar uns días cuns amigos. Pero estos desaparecen de forma extraña e iso será o comezo dun montón de aventuras, tanto en terra firme coma en altamar.

 

Autor: Alfredo Gómez Cerdá

Editorial: Edelvives

Colección: Ala Delta


6:30 minutes (8 MB)

ENTREVISTA A JOSE FONT E BETI REY

O xoves 31 de maio, nenos e nenas de 5º curso entrevistaron a Jose Font e Beti Rey no programa de radio de recomendación de libros. 

Os xornalistas contestaron ás preguntas sobre o seu traballo e tamén falaron das lecturas que lles gustan.


21:31 minutes (8 MB)

PROGRAMA DE LECTURA EN RADIO TUI "ANIMAIS ENCANTADORES" CEIP CHANCELAS

 

  Título: Animais enCantadores

  Autor: Susa Herrera.

  Editorial: Primerapersona

  Animais Encantadores é un ambicioso proxecto musical infantil composto dun libro con dez simpáticos personaxes, representados con ilustraciones a todo cor, no que se  inclúen  letras e partituras das cancións, así como unha guía de propostas didácticas que farán disfrutar a nenos e nenas. O libro complétase co un cd coa interpretación das dez canción que protagonizan os personaxes do libro, un karaoke e un DVD para seguir as coreografías propostas por Susa Herrera na guía didáctica.


14:05 minutes (8 MB)

Programa especial Letras Galegas 2012

Neste programa, emitido o xoves 17 de maio por Radio Tui, participa todo o alumnado da nosa escola recomendando libros en galego. 


19:19 minutes (8 MB)

PROGRAMA DE LECTURA EN RADIO TUI "MINIMALARIO" CEIP AS COVAS DE MEAÑO

Titulo: Minimalario.

 Autor: PINTO & CHINTO

 Editorial: Kalandraka

 

Minimalario é un libro de historias mínimas protagonizadas por animais diversos: salvaxes e domésticos, vertebrados, e invertebrados, voadores, terrestres e acuáticos. Animais humanizados que afrontan situacións surrealistas con solucións imaxinativas, como o galo que desafinaba, ou a luciérnaga sen luz. Outros presentan estrañas calidades, como a vaca tola que daba leite de cabra, ou a lura feliz que soltaba tinta de cores. Todos, desde o topo afortunado á hiena risueña, experimentan anécdotas que -desde
o punto de vista literario- resólvense xogando ao equívoco, buscando o dobre sentido, o ?nonsense? e o humor intelixente.
As ilustracións comparten o carácter minimalista dos textos; son retratos caricaturescos que presentan aos personaxes en poses divertidas. Minimalario foi galardoado co Premio Merlín de Literatura Infantil 2007.


9:14 minutes (8 MB)

PROGRAMA DE LECTURA EN RADIO TUI "MONSTROESCOLA" CEIP VICENTE RISCO

Título: Monstroescola

Autora: Anxo Fariña

Editorial: A Nosa Terra

Na vila de Quintopiñeiro só hai dous nenos, e por iso a súa escola está en perigo. Se non atopan máis alumnos antes do venres pecharán a escola para sempre. Un acontecemento inesperado avisará da chegada de máis nenos. Mais... como serán?




6:11 minutes (5.67 MB)

PROGRAMA DE LECTURA EN RADIO TUI "EL DIARIO DE GREG" CEIP CHANCELAS

   TITULO : DIARIO DE GREG

   AUTOR: JEFF KINNEY

   EDITORIAL: MUIÑO

 Diario de Greg (En inglés, Diary of a Wimpy Kid) é unha serie de libros publicados pola Editorial Muíño en España que describe a historia de Greg Heffley, o protagonista, na súa vida de adolescente de forma cómica. Tan só en España, vendéronse 400.000 exemplares do primeiro exemplar e 700.000 do resto. En Estados Unidos a cifra sobe aos 16.000.000 exemplares vendidos.


13:22 minutes (8 MB)

PROGRAMA DE LECTURA EN RADIO TUI "PERIGO VEXETAL" CEIP VICENTE RISCO

 

Título: Perigo vexetal

Autora: Ramón Caride

Editorial: Xerais- C.Merlín

 

 É un libro de ciencia ficción e intriga que engancha ao lector dende as primeiras páxinas, ideal para ler nun fin de semana.

Cada capítulo que rematamos pídenos iniciar o seguinte en canto teñamos un segundo libre.


7:37 minutes (6.98 MB)
Distribuir contido