try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Pazos de Reis

Profesorado

COMUNICADO DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP DE PAZOS DE REIS

Seguindo a nova publicada na prensa o día 08 de xaneiro de 2013 na que se fala da posibilidade de dar outros usos á finca da Lagarteira e na que se explicita, así mesmo, que a construción do novo Colexio de Pazos de Reis non será inminente, aínda que non se renuncia ao proxecto, o Claustro de Profesorado, a ANPA e o Consello Escolar do CEIP de Pazos de Reis, por unanimidade, manifestan que consideran que o goberno local debería seguir insistindo na necesidade da construción, da nova escola na finca da Lagarteira, que foi adquirida hai xusto un ano, para tal fin, para lograr que a parroquia de Pazos de Reis conte no menor tempo posible cunha nova escola de Ensino Infantil e Primario (CEIP), xa que a actual carece de espazo para acoller o número de alumnos e de actividades que se realizan.

O CEIP de Pazos de Reis está situado no lugar de Porteliña e ten carencias tanto en espazo aberto como edificado para as funcións que desenvolve unha escola actual.

A edificación actual fixo en 2008 o seu 50 aniversario. Neste tempo mantívose coa estrutura inicial, non sendo a conversión das antigas vivendas dos mestres en espazos para a escola. Hai un módulo prefabricado, colocado de maneira provisional por un curso, e xa leva 5 anos, que se atopa moi deteriorado, e en calquera momento poderíamos ter que deixar de utilizalo. O número de alumnos/as escolarizados neste CEIP medra de ano en ano e  prevese que o incremento siga nos próximos cursos, e poderíase ter que deixar fóra a algún neno ou nena que viva na parroquia. Actualmente acolle 125 nenos e nenas.

Consideramos que debería ser prioritaria a opción de manter en Pazos de Reis a escolarización do  alumnado de Infantil e Primaria, dotando ao CEIP dun equipamento axeitado, tanto no que atinxe á edificación coma aos espazos abertos con que debe contar. Este compromiso a prol dun novo CEIP para Pazos de Reis xa foi manifestado á comunidade educativa polo goberno local e pola Consellería de Educación, pero neste momento está parada e silenciada calquera iniciativa en relación coa construción do novo colexio, que consideramos que é prioritaria para a utilización dos terreos indicados, xa que ese é o cometido para o que se mercaron e é unha necesidade real.

Mentres non se fai efectiva a construción do novo centro educativo, solicitamos por parte do goberno local e da Entidade Menor un esforzo na realización das reformas e arranxos pertinentes para que o desenvolvemento das tarefas educativas se leve a cabo cun mínimo de dignidade para a comunidade educativa.

Reflexión sobre o estado do ensino público

O claustro do CEIP de Pazos de Reis propoñémoslles ás familias e á sociedade en xeral unha reflexión sobre o estado actual da educación pública en Galicia. 

Partimos da pregunta:   Temos ensino público de calidade?

Distribuir contido