try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Pazos de Reis

Obxectivos

OBXECTIVOS

-   O primeiro obxectivo é xenérico e fundamental para o noso equipo: trátase de compensar a situación de diglosia detectada na contorna a través de actividades motivadoras distribuídas ó longo do curso escolar e que serán desenvolvidas tanto na aula coma fóra dela.


 - Potenciar actitudes positivas cara a lingua galega entre a comunidade educativa, coa fin de que a valoren e fagan uso dela con normalidade.


 -       Fomentar no alumnado o coñecemento e a expresión oral e por escrito na nosa lingua, procurando o seu uso con coherencia, corrección e creatividade, de acordo coas necesidades das súas idades, e experiencias.


 Potenciar a lingua e literatura galega a través da biblioteca do centro.


 - Potenciar o uso do galego a través das festas tradicionais, dos xogos populares e da tradición musical, así coma do uso nas novas tecnoloxías de información e a comunicación.


 - Potenciar a lectura en galego no entorno da escola mediante unha actividade de liberación de libros.


 - Ampliar a dotación de material bibliográfico, fonográfico e audiovisual.


  

Distribuir contido