try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Pazos de Reis

3º Ciclo

Visita do escritor Diego Alfonsín Rivero

O escritor Diego Alfonsín Rivero, antigo alumno do noso cole estivo  a nos facer unha visita.

Diego gañou o Premio Internacional de Contos “Max Aub” 2014.

Os alumnos de 5º e 6º fixémoslle unha interesante entrevista.

Falounos de cómo empezou a escribir relatos e como, pouco a pouco , quedou enganchado a escribir.

 Tamén nos falou das súas experiencias en Alemaña, onde traballou como profesor na universidade de Heidelberg.

 

 

Campamento de 6º - Xuño 2014

Os alumnos de sexto do noso colexio xunto co alumnado de sexto do CEIP de Randufe, aloxáronse tres días no albergue CDR (Centro de Desenvolvemento Rural) O VISO en Lodoselo, no concello de Sarreaus. http://www.cdroviso.org/

 Conviviron entre eles disfrutando de actividades coma xogos de orientación, veladas, obradoiros de reciclaxe, facer pan, plantar unha árbore, contacto cos animais … todas elas encamiñadas a coñecer o medio rural e a concienciación por un medio rural habitable.

         Neste Centro realizan actividades para tódalas idades; ademais de levar a cabo distintos proxectos sociais cos que se pode colaborar, como son: comedor social, centro de día, vivenda comunitaria, axuda e acompañamento a familias  desfavorecidas…

VISITA A ARAGÓN- ESCOLAS VIAXEIRAS 2011

Xa estamos preparados.

O próximo día 22 , domingo, os alumn@s de 6º saímos de viaxe co programa das escolas viaxeiras. Imos visitar Aragón, xunto con outros dous colexios, un de Valladolid e   outro de Madrid. 

   A viaxe farémola en tren,     dende Vigo a Zaragoza. 

   Esperamos pasalo moi ben.

  Iremos subindo información das nosas   andanzas neste apartado da web: na barra   aquí á esquerda: Escolas Viaxeiras - Aragón  2011.

OS DE 6º IMOS DE VIAXE

Un grupo de quince alumnos e alumnas de sexto curso de primaria participaremos no programa Escolas Viaxeiras do Ministerio de Educación.


O programa realizarémolo na semana do 22 ao 28 de maio do presente ano en Aragón. Compartiremos as actividades con alumnado do CRA Padre Hoyos de Torrelobatón (Valladolid) e CRA Vega de Tajuña (Madrid).


Realizaremos unha ruta turística, entre outros lugares, por Zaragoza, Huesca, Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido e Parque Natural del Río Piedra.

 


A participación neste programa é gratuito.

Distribuir contido