try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Pazos de Reis

Ponte...nas ondas!

A nosa escola en Ponte...nas ondas! 2014

O venres 30 de maio escoita o programa da nosa escola para Ponte...nas ondas! 2014 en directo dende a Radio Municipal de Tui, a partires das 13:07.

 Entrevistamos á cantante Uxía e contamos coa colaboración dos CEIP Nº2 de Tui e As Covas - Meaño .

 Non o perdades!!

Ponte...nas ondas! 2011 - Libros para unha biblioteca viva

Neste enlace podedes ver o vídeo que a nosa escola presentou para a edición númerXVII de Ponte...nas ondas! 

   Visitamos á Sra Ángela, que   vive no Seixal, moi preto da nosa escola, e é a avoa de Pablo e Laura Vicente. A entrevista preparárona nos recreos e fixéronlla Miriam, Javi, Laura e Pablo de 6º, e nela Ángela fai un repaso polo que foi a súa vida. Hoxe ten 81 anos.

Ponte...nas ondas! 2010

logo_pno

 

O vindeiro venres 16 de abril celebrarase a edición número XVI de Ponte... nas ondas! . Entra na páxina web e participa a través da internet.

http://www.pontenasondas.org/gl/participar-16-abril 

 

 

XV EDICIÓN DE PONTE...NAS ONDAS!

Mira o vídeo do programa desta edición 2009 : "A busca do tesouro"

 

Dende aquí podedes acceder a un vídeo de promoción da edición número 15 de Ponte...nas ondas!

Xa estamos a traballar no programa deste ano de Ponte...nas ondas!

O tema principal desta edición, a número XV, é o O Patrimonio dos Tesouros Vivos e o noso programa vai ser de radio e vídeo.

Estade atentos a este apartado para ver novidades.

Recordade que a edición deste ano terá lugar o venres 5 de xuño. Aquí tedes un enlace á web de Ponte...nas ondas!

 

Distribuir contido