try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Pazos de Reis

Recomendámosche

Informativo miúdo 2.- 13 de novembro de 2015

A colaboración para esta edición do Informativo Miúdo foi coordinada por Sara e Alba de 4º de Primaria e contaron as noticias Laura e Sara de 3º e Néstor e Lucía de 2º.


2:26 minutes (2.24 MB)

INFORMATIVO MIÚDO na Radio Municipal de Tui

INFORMATIVO MIÚDO é un programa semanal no que as escolas de Infantil e Primaria de Tui damos novas dos nosos centros e da vida escolar, a través das ondas da Radio Muncipal de Tui, RMT

A presentación foi o venres 6 de novembro de 2015 e os representantes da nosa escola foron Pilar e Iago de 6º. Aquí podedes escoitar a nosa aportación para ese día.

As emisións son todos os venres ás 11:30h, con repetición ás 14:45h, e outra vez os sábados ás 11:00h. Cada programa dura arredor de 10 minutos, e cada escola fai unha colaboración de arredor 2 minutos.

Nós iremos colgando aquí os audios das nosas participacións. 


1:21 minutes (1.24 MB)

Alumnado de Pazos de Reis conta contos na Biblioteca Municipal

O martes 30 de abril, ás 17:30h, nenos e nenas da nosa escola contarán contos na Biblioteca Municipal de Tui, usando a técnica xaponesa do Kamishibai.  Así se anuncia na páxina do concello, 

 http://www.concellotui.org/php/noticias.php?id=2106 :

Pola súa banda, o martes 30 de abril ás 17,30 horas os alumnos do CEIP de Pazos de Reis ofrecerán unha sesión de contos coa técnica tradicional xaponesa do kamishibai e así os alumnos de E. Infantil narrarán o conto “O castelo en guerra”, os alumnos de Primeiro de Primaria “Historia Encantada”, namentres que os alumnos de terceiro curso de primaria narrarán o conto “O neno coas mans e a cabeza ao revés” e finalmente os rapaces de cuarto de primaria contarán “O feitizo de Drácula”. “Kamishibai” é unha palabra xaponesa que significa “Teatro de Papel”. É unha técnica especial de linguaxe oral, que forma parte da herdanza cultural xaponesa. Unha forma, dende séculos, de contar contos en Xapón. Trátase dun teatriño de madeira cunha sucesión de láminas coas que se narra e interpreta unha historia.


Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Ao longo deste mes de marzo estará aberto este salón;  a entrada ás exposicións e a moitas das actividades é de balde. 

RECOMENDAMOS unha visita. Alí pódese ler libros, ver e tocar os traballos realizados por alumnado de centros escolares de Pontevedra e bisbarra, asistir a algún espectáculo e, sobre todo, disfrutar dunhas horas extraordinarias cos libros. 

A edición deste ano adícase ás supersticións e crenzas populares. Aquí vos deixamos algunhas fotos e o enlace á web dende a que se pode descargar o programa en .pdf e ver todo o que ofrecen. 

 


             

                                        

RECOMENDAMOS LIBROS PARA O NADAL

Presentámosvos os libros que escollemos en cada aula para recomendarvos a súa lectura no Nadal. Aquí só tedes os títulos, autores/as e editoriais. A vindeira semana poderedes escoitar detalles nun programa que estamos elaborando e se vai emitir por Radio Tui.

 LIBROS RECOMENDADOS

Distribuir contido