try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Pazos de Reis

Animación á lectura

Entrevista a Marga Romero

Convidámosvos a escoitar a entrevista completa que os nenos e nenas de 5º de Primaria lle fixeron a Marga Romero (Marga do Val). Nela fala de Peter Bichsel, o autor suizo a quen coñece persoalmente, dos seus traballos de escritora e tradutora e de cousas da súa propia neneza, e faino dun xeito ameno e claro. 


15:43 minutes (14.4 MB)

Colaboración coa RMT para o Día de Rosalía

Radio Tui únese á conmemoración hoxe, 24 de febreiro, do Día de Rosalía, convidando a alumnado dos centros educativos do concello a participar nunha lectura colectiva de poemas da autora.

 A nosa representante foi Daniela, de 5º, quen leu con moito xeito e sentimento o poema “Pasa, río, pasa” do libro Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

  Esta é a gravación.


0:52 minutes (806.56 KB)

FAI UN TÍTERE

Os nenos e nenas do primeiro ciclo participamos nun taller de títeres. Viñeron Tatán e Andrés do grupo TANXARINA, con eles fixemos un titere.

Visita a Tui de Xosé Neira Vilas

 O    pasado 24 de outubro os nen@s de primaria  do  noso cole tivemos a sorte de compartir as butacas da Area Panorámica co escritor Xosé   Neira  Vilas. Foi unha experiencia moi bonita, contounos moitas cousas da sua obra MEMORIAS DUN NENO LABREGO  que cumple 50 anos. Os nen@s dos coles de Tui fixémoslle moitos regalos que lle gustaron moito e tamén lle preguntamos algunhas cousas que nos queríamos saber. Foi  moi amable, adicounos algúns  libros para a nosa biblioteca.

 

Ver imaxes

Juancho Castaño, debuxante

Obradoiros de banda deseñada dos días 29 e 30 de marzo organizados polos Equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega

sentímolo, flash non está dispoñible.

Traballamos coa banda deseñada

   Dentro das actividades organizadas conxuntamente polos equipos de biblioteca e dinamización da lingua galega, empezamos a traballar coa banda deseñada.

    A vindeira semana visitaranos Juancho Castaño para facer obradoiros cos nenos e nenas de Infantil e os ciclos 1º e 2º de Primaria.


ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN A LECTURA

Ola a todos e todas. Aquí estamos , este é o apartado da biblioteca escolar, dentro da web do C.E.I.P. de Pazos de Reis. Aquí queremos ir mostrándovos todo o que vaia xurdindo na nosa biblioteca. Preséntome: "Son arlequilibrín, a mascota da biblioteca, sempre ando metido no medio dos libros, porque o que mais me gusta facer é ler. Fixádevos, cando vos marchades do cole e todo queda a oscuras, eu encendo o candil e pásome a noite a ler

 

"  DÍA DAS BIBLIOTECAS 2008 : fotos dos actos levados a cabo no centro.

FINALIDADES

                  É intención do centro manter e ampliar o Plan de Actividades da Biblioteca do Centro, durante o curso escolar 2008-09 e avanzar no plano de informatizar o Ficheiro e o Control de Préstamos.

            As súas finalidades básicas dentro do Proxecto Educativo do Centro son:

  • Actuar como centro de animación á lectura, mediante as actividades específicas programadas para este fin.
  • Servir como elemento de animación e recursos para os traballos de investigación que se programan no centro, sexa a nivel global ou de curso.

Entre as actividades de fomento da lectura está previsto, coma en cursos anteriores:

  • Contacontos.
  • Faranse concursos para dar a coñecer distintos títulos onde, despois de ler, o alumnado ten que contestar a distintas preguntas.
  • Realizaranse distintos concursos adaptados, aos niveis do alumnado, potenciando habilidades na busca da información requerida:
  • PREGUNTA DA SEMANA con material de consulta sobre ecoloxía, natureza, historia, etc.
  • Co gallo da celebración da SEMANA DA PRENSA realizaranse concursos para un maior aproveitamento do aprendido nas aulas sobre prensa escrita e dixital.
  • Espazo de animación á lectura na Radio Municipal de Tui. Falarase cos responsables da radio municipal sobre a posibilidade de ofrecer un espazo de radio semanal no que o alumnado deste centro comente un libro e recomende a súa lectura.
  • Representacións teatrais de libros elexidos polo alumnado, e onde eles serán os actores, creadores de escenarios, caracterizacións, etc.
  • No mes de abril, coincidindo co celebración do DÍA DO LIBRO, tamén se organizarán concursos.

PRESTAMO DE LIBROS

-Podes levarte un libro durante como máximo 15 días, se o cabo dese tempo non o remataches podes facer unha renovación. O préstamo quedará anotado no ordenador. Tamén podes levar en préstamo revistas.

-Moitos dos libros de consulta non se poden levar en préstamo, son para consultar na propia biblioteca. Son os dicionarios, enciclopedias,   e manuais temáticos. Si tes dudas, consultao co bibliotecario/a.

-Cando collas un libro tes que ser cuidadoso e deixar o resto dos libros ben colocados. Podes pedir consello ao bibliotecario. Fíxate nas novidades, tal vez algúnha che interese.

-Cada libro ten nas súa primeiras páxinas o selo da biblioteca cun número de rexistro. O número de rexistro é como o seu carné de identidade. Ese número e o que deberás dicirlle ao bibliotecario para que o anote no ordenador.

-Cando devolvas o libro deberás entregarllo ao bibliotecario para que o anote como devolto no programa informático.

-Cando o coloques na estantería fíxate  para volver a colocalo no seu sitio.

Os usuarios:Poden utilizar a biblioteca escolar os alumnos e alumnas do centro, as nais e pais, e os profesores e profesoras. Todos podedes levar libros en prestamo.

 

HORARIO BIBLIOTECA

Diariamente:  na hora do recreo (12:00-12:30)

Luns, martes e mércores:  pola tarde (16:00-18:00). Neste horario pódese ler, consultar libros e   disporase dun ordenador para buscar información en internet.

O horario de préstamos:

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

1ª hora

2ª hora

3ª hora

4ª hora

5ª hora

 

Distribuir contido